Jack Gould
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1914 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de maio de 1993 (79 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | The New York Times |
Premios | |
| |
Jack Ludlow Gould, nado o 5 de febreiro de 1914 en Nova York e finado o 24 de maio de 1993 en Berkeley (California), foi un xornalista estadounidense especializado na crítica de teatro, radio e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1932 entrou a traballar no New York Herald Tribune como mozo de recados, aprendeu o oficio e especializouse na crítica teatral, en 1937 pasou ao New York Times seguindo coa crítica teatral ata comezos da década de 1940 cando pasou a realizar crítica de radio, en 1944 converteuse no editor da sección de radio do xornal, a partir de 1947 pasou a centrarse na crítica televisiva, converténdose nun dos máis influentes do país[1]. En 1958 publicou All about radio and television dedicado á divulgación do mundo da radio e da televisión entre os máis novos. Gould criticou a difusión que as televisións fixeron do fenómeno de Elvis Presley, unha visión compartida por boa parte dos adultos de clase media branca na década de 1950[2]