Jaime Garrido Vila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1940 (84 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de | |
Jaime Garrido Vila, nado en Vigo o 6 de febreiro de 1940, é un delineante e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En abril de 1960 participou con Víctor Francisco Cáceres, Manuel Rodríguez González e Augusto Docampo Soto nunha reunión en Vigo na que se constituíu un grupo anarquista denominado Frente Democrático Juvenil (FDJ), do que foi nomeado secretario ao pouco tempo substituíndo a Manuel Rodriguez. Despois da participación do grupo nunha folga en solidariedade cos mineiros asturianos, unha serie de arrestos en agosto de 1962 desmantelan a CNT e o grupo. Jaime Garrido foi arrestado o 4 de agosto e condenado en consello de guerra o 23 de novembro a nove anos de prisión, acusado de ser o representante da CNT no Frente Juvenil Democrático.[1] Preso en Bilbao, foi despois transferido á prisión de Burgos onde asumiu responsabilidades no Comité interior da prisión con Enrique Marco Nadal e Víctor Francisco Cáceres. En febreiro de 1964 beneficiouse dunha redución dun cuarto da pena e foi posto en liberdade en 1965. Continuou militando na CNT de Vigo e mantendo os contactos co exilio.
En 1972 foi un dos fundadores das Comisións Obreiras no Porriño e participou na folga de Vigo que lle valeu ser encarcerado máis de seis meses.[2] Cando foi liberado, traballou nunha fábrica azucreira en Áraba onde foi novamente arrestado en 1973. Regresou a Vigo o ano seguinte e participou con José Luís Quintas Figueroa na reorganización da CNT, o que lle valeu un novo arresto.
Despois da morte de Franco, seguiu participando nos anos oitenta nas actividades da CNT.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ABC, 24-11-1962, p. 70.
- ↑ La Voz de Galicia, 22-9-1972, p. 14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Fernández, Eliseo; Pereira González, Dionisio (2001). "Os libertarios galegos e o seu exilio". Actas do Congreso Internacional “O exilio galego” (PDF). Santiago de Compostela. pp. 160–201. ISBN 84-505-7699-7.
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 130–131. ISBN 84-87783-79-1.