Saltar ao contido

Jaime Nava de Olano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Nava de Olano
Biografía
Nacemento1 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRugby Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Jaime Nava de Olano, nado o 1 de maio de 1983 en Madrid, é un xogador de rugby retirado, foi o capitán do selección española coa que ten disputado 79 encontros. As súas posicións no campo son as de centro e número oito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores do M.A.R.U., na súa tempada de debut no primeiro equipo (2001/02) o club gañou o seu único título de liga, e Jaime debutou coa selección absoluta. Trala seguinte tempada o M.A.R.U. desapareceu por razóns económicas e foi refundado como Club Alcobendas Rugby. Jaime seguiu en Alcobendas até o 2008, ano no cal fixo probas en Inglaterra para pasarse ó rugby profesional. Finalmente fichou polo C.R. El Salvador de Valladolid no que tan só botou unha tempada (2008/09). Ó ano seguinte marchou a Inglaterra para xogar un ano (2009/10) no Plymouth Albion R.F.C., pero unha lesión fixo que rematase a tempada novamente en Alcobendas. A seguinte tempada foi a segunda no C.R. El Salvador, xusto antes de comezar a súa carreira deportiva por terras francesas. Na tempada 2011/12 xogou no C.A. Saint Etienne, as dúas seguintes no U.S. Bressanne, outra no C.A. Périgueux, e de 2015 a 2017 defendeu as cores do Stade Dijonnais. Despois en 2017 fichou polo C. Alcobendas R. ata 2019 onde se retirou do rugby profesional. De 2019 a 2022 xogou no C.R. Alcalá, ata que fichou de novo polo C. Alcobendas R. onde se retirou definitivamente. En 2015 comezou a ser o capitán da selección española. Con 79 encontros internacionais, é o segundo xogador que máis veces defendeu as cores da selección absoluta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]