Saltar ao contido

James Callaghan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames Callaghan

(1975) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
Copnor, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 2005 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
East Sussex, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
5 de novembro de 1987 – 26 de marzo de 2005
Membro do 49º Parlamento do Reino Unido
9 de xuño de 1983 – 18 de maio de 1987 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South and Penarth (en) Traducir

Líder da oposición do Reino Unido
4 de maio de 1979 – 10 de novembro de 1980
← Margaret ThatcherMichael Foot →
Membro do 48º Parlamento do Reino Unido
3 de maio de 1979 – 13 de maio de 1983 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

70º Primeiro ministro do Reino Unido
5 de abril de 1976 – 4 de maio de 1979
← Harold WilsonMargaret Thatcher →
Membro do gabinete: Callaghan ministry (en) Traducir
Leader of the Labour Party (en) Traducir
5 de abril de 1976 – 10 de novembro de 1980
← Harold WilsonMichael Foot →
Membro do 47º Parlamento do Reino Unido
10 de outubro de 1974 – 7 de abril de 1979 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Secretario de Estado para Relacións Exteriores e da Mancomunidade
5 de marzo de 1974 – 5 de abril de 1976
← Alec Douglas-HomeAnthony Crosland →
Membro do 46º Parlamento do Reino Unido
28 de febreiro de 1974 – 20 de setembro de 1974 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Shadow Foreign Secretary (en) Traducir
19 de abril de 1972 – 28 de febreiro de 1974
← Denis HealeyGeoffrey Rippon (pt) Traducir →
Shadow Secretary of State for Employment (en) Traducir
19 de outubro de 1971 – 19 de abril de 1972
← Barbara Castle (pt) TraducirDenis Healey →
Shadow Home Secretary (en) Traducir
19 de xuño de 1970 – 19 de outubro de 1971
← Quintin Hogg, Baron Hailsham of St MaryleboneShirley Williams →
Membro do 45º Parlamento do Reino Unido
18 de xuño de 1970 – 8 de febreiro de 1974 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Secretário de Estado para os Assuntos Internos (pt) Traducir
30 de novembro de 1967 – 19 de xuño de 1970
← Roy JenkinsReginald Maudling →
Membro do 44º Parlamento do Reino Unido
31 de marzo de 1966 – 29 de maio de 1970 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Chanceler de Facenda do Reino Unido
16 de outubro de 1964 – 30 de novembro de 1967
← Reginald MaudlingRoy Jenkins →
Membro do 43º Parlamento do Reino Unido
15 de outubro de 1964 – 10 de marzo de 1966 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Shadow Chancellor of the Exchequer (en) Traducir
2 de novembro de 1961 – 16 de outubro de 1964
← Harold WilsonReginald Maudling →
Membro do 42º Parlamento do Reino Unido
8 de outubro de 1959 – 25 de setembro de 1964 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Membro do 41º Parlamento do Reino Unido
26 de maio de 1955 – 18 de setembro de 1959 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Reino Unido

20 de maio de 1954 – 5 de xullo de 1955
Membro do 40º Parlamento do Reino Unido
25 de outubro de 1951 – 6 de maio de 1955 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Reino Unido

7 de agosto de 1950 – 5 de maio de 1951
Secretary to the Admiralty (en) Traducir
2 de marzo de 1950 – 25 de outubro de 1951
← John Dugdale (Labour politician) (pt) TraducirAllan Noble →
Membro do 39º Parlamento do Reino Unido
23 de febreiro de 1950 – 5 de outubro de 1951 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South East (en) Traducir

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Reino Unido

13 de agosto de 1949 – 7 de agosto de 1950
Parliamentary Secretary to the Ministry of Transport (en) Traducir
7 de outubro de 1947 – 2 de marzo de 1950
← George Strauss (pt) TraducirGeorge Lucas, 1st Baron Lucas of Chilworth (en) Traducir →
Membro do 38º Parlamento do Reino Unido
5 de xullo de 1945 – 3 de febreiro de 1950 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Cardiff South (en) Traducir

Membro do Consello Privado do Reino Unido
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, político, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAudrey Callaghan (1938–) Editar o valor en Wikidata
FillosMargaret Jay, Baroness Jay of Paddington, Julia Elizabeth Callaghan, Michael James Callaghan Editar o valor en Wikidata
PaisJames Callaghan Editar o valor en Wikidata  e Charlotte Gertrude Cundy Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1620500 WikiTree: Callaghan-437 Find a Grave: 10685615 Editar o valor en Wikidata

Leonard James Callaghan, Baron Callaghan of Cardiff, nado o 27 de marzo de 1912, finado o 26 de marzo de 2005, foi un político laborista, primeiro ministro británico entre 1976 e 1979, e lord vitalicio dende 1987. Político popular, moderado e optimista, que se gañou o alcume cariñoso de Sunny Jim (Alegre Jim).

Biografía

[editar | editar a fonte]

Leonard James Callaghan naceu en Portsmouth, cidade costeira do sur de Inglaterra. Na súa autobiografía, Time and chance, fala das dificultades económicas da súa nenez e da axuda prestada por un deputado laborista cando faleceu seu pai, James, os seus nove anos. "Dende aquela sempre fomos laboristas", escribiu.

Deixou os estudos aos 16 anos e encontrou traballo como oficinista fiscal antes de alistarse na mariña durante a II guerra mundial.

James Callaghan faleceu na véspera do seu 93° aniversario, once días despois do falecemento da súa muller, Audrey Callaghan, con quen estivo casado durante 67 anos.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

James Callaghan entrou en política, como deputado por Cardiff, o 5 de xullo de 1945. Desempeñou tamén distintos cargos sindicais e optou por primeira vez ao liderado do Partido Laborista ao fenecer Hugh Gaitskell en 1963.

Callaghan chegou ao número 10 de Downing Street trala dimisión de Harold Wilson en 1976 e despois de ter controlado tres carteiras ministeriais importantes: chancellor ou ministro de Finanzas, de 1964 até 1967; ministro do Interior, de 1967 até 1970, e xefe da diplomacia, de 1974 até 1976. A súa longa experiencia nas funcións de goberno e o seu perfil como candidato menos propenso a causar divisións no seo do Partido Laborista aseguráronlle a dirección do partido e do Reino Unido en 1976.

A traxectoria política de Callaghan pasou por serias dificultades e decisións polémicas. Á fronte do Ministerio de Facenda, resistiuse a desvalorizar a libra esterlina até que a conxuntura fixo inevitable a caída da moeda, tendo que dimitir por isto no ano 1967.

En Interior, ordenou o despregue de tropas británicas en Irlanda do Norte ao son das primeiras manifestacións pro dereitos civís e os enfrontamentos da maioritaria poboación protestante. Como ministro de Exteriores do Goberno Wilson, Callaghan conduciu as negociacións da entrada do Reino Unido na Comunidade Europea.

Os seus tres anos en Downing Street, como primeiro ministro, concluíron no chamado inverno do descontento, co estado practicamente paralizado por continuas folgas sindicais, que lle deron munición á oposición conservadora. Unha moción de censura, que Callaghan perdeu por un voto, precipitou a convocatoria das eleccións xerais de 1979, que selaron o ascenso de Margaret Thatcher.

O ex primeiro ministro ocupou o seu escano na Cámara baixa até 1987, cando entrou na Cámara alta como Lord Callaghan de Cardiff.