James Douglas Ogilby
- Non confindir con William Ogilby.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1853 ![]() Belfast, Reino Unido ![]() |
Morte | 11 de agosto de 1925 ![]() Brisbane, Australia ![]() |
Lugar de sepultura | Toowong Cemetery (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía ![]() |
Ocupación | zoólogo, biólogo mariño, ictiólogo, biólogo ![]() |
Empregador | Museo Británico ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Ogilby ![]() |
Familia | |
Pai | William Ogilby ![]() |
James Douglas Ogilby, nado o 16 de febreiro de 1853 en Belfast, Irlanda e finado o 11 de agosto de 1925 en Brisbane, Queensland, Australia, foi un ictiólogo e herpetólogo australiano de orixe irlandesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do naturalista William Ogilby (1808-1873), despois dos seus estudos no Winchester College e no Trinity College de Dublín, traballou no British Museum. Interesouse polas aves e os peixes e viaxou aos Estados Unidos de América.
En 1884 obtén un posto de axudante no Australian Museum de Sydney e casa, o mesmo ano, con Mary Jame Jameson.
James Douglas Ogilby publicou numerosos artigos sobre os réptiles,[1] e describiu unha nova especie de tartaruga e varias novas especies de lagartos, entre elas:[2]
- Morethia boulengeri, en 1890
- Saltuarius cornutus, en 1892
- Strophurus intermedius, en 1892
- Uvidicolus sphyrurus, en 1892
Tamén escribiu sobre os mamíferos e os peixes de Australia. Foi elixido membro da Sociedade linneana de Londres en 1887. Traballou no British Museum, despois no Australian Museum de Sydney, do que se retirou en 1890 a causa do seu alcoholismo.
Contra 1903 instalouse en Brisbane, onde traballou como ictiólogo no Queensland Museum. Poucos anos máis tarde chega a ser membro da Sociedade Real de Queensland. Asina numerosas publicacións co seu amigo Alan Riverstone McCulloch (1885-1925).
Ogilby faleceu o 11 de agosto de 1925 e está soterrado no Toowong Cemetery, en Toowong, Brisbane, Queensland, Australia.[1]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- 1887. Catalogue of Fishes and Other Exhibits at the Royal Aquarium, Bondi.
- 1892. Catalogue of Australian Mammals.
- 1893. Edible Fishes and Crustaceans of New South Wales.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Walsh, G. P. "Ogilby, James Douglas (1853 - 1925)". Australian Dictionary of Biography. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de maio de 2016.
- ↑ Especies descritas por Ogilvy. En The Reptile Database.