James McDivitt
Aparencia
James Alton McDivitt, nado en Chicago o 10 de xuño de 1929 e finado en Tucson (Arizona) o 13 de outubro de 2022,[1] foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 4 e Apollo 9.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]McDivitt graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Míchigan en 1959 e obtivo un doutoramento honorario en ciencias astronáuticas pola mesma universidade en 1965. Tivo tamén doutoramentos honorarios polas universidades de Seton Hall en 1969, de Miami en 1970 e Míchigan oriental en 1975.[2][3]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 4 e Apollo 9 como comandante en ambas e pasando un total de 14,12 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1972.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kim, Juliana (17 de outubro de 2022). "Former NASA astronaut Jim McDivitt, who led Gemini and Apollo missions, dies at 93". NPR. Consultado o 17 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2020). "McDivitt, James Alton" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 NASA, ed. (decembro de 1994). "JAMES A. MCDIVITT (BRIG. GENERAL, USAF RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James McDivitt |