Saltar ao contido

Jarinko Chie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jarinko Chie
Título orixinalじゃりン子チエ
Autor/aEtsumi Haruki
Ilustrador/aEtsumi Haruki
OrixeXapón
LinguaXaponés
Xénero(s)Manga
EditorialFutabasha
Data de pub.1978-1997
Na rede
editar datos en Wikidata ]

Jarinko Chie (xaponés: じゃりン子チエ; lit. "Chie, a tunanta") é unha serie de banda deseñada xaponesa escrita e ilustrada por Etsumi Haruki. Foi publicada pola editorial Futabasha na revista Manga Action entre o 1978 e o 1997, e reunida en 67 volumes, o que a converte no 45.º manga máis longo da historia. Jarinko Chie recibiu o premio Shogakukan no 1981, na categoría de manga para o público xeral.[1]

Chie é unha nena con mal xenio que vive nas aforas de Osaca, dominadas pola presenza da yakuza e os seus casinos.[2] Neste perigoso contexto, Chie terá que atender o posto de comidas do seu pai, un xogador empedernido que sempre anda metido en leas.[2] Cun estilo humorístico, o manga narra a tenra relación entre pai e filla.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Chie Takemoto. A protagonista, unha rapaza con mal xenio.
  • Tetsu Takemoto. O pai de Chie, un xogador desempregado.
  • Kotetsu. A mascota de Chie, un gato que destaca pola marca en forma de lúa da súa fronte.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Jarinko Chie foi adaptada en dúas ocasións. Por unha banda, está o filme das produtoras Tokyo Movie Shinsha e Toho, dixirido polo célebre Isao Takahata. Esta película estreouse no Xapón o 11 de abril do 1981. En segundo lugar, houbo unha serie de animación para televisión de 64 episodios, producida tamén por Tokyo Movie Shinsha e dirixida por Takahata. Este anime emitiuse no país nipón entre o 3 de outubro do 1981 e o 25 de marzo do 1983.[3] Unha secuela de 39 episodios emitiuse entre o 19 de outubro do 1911 e o 22 de setembro do 1992.[3]

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

En total, producíronse dous videoxogos baseados no manga, ningún dos cales se vendeu fóra do Xapón.

Título Videoconsola Data de publicación Produtora
Jarinko Chie: Bakudan musume no shiawase sagashi じゃりン子チエ ばくだん娘の幸せさがし[4] Famicom 15 de xullo do 1988 Konami
Simple Characters 2000 Series Vol. 04: The Hanafuda Jarinko Chie[5] PlayStation 29 de novembro do 2001 Bandai
  1. "小学館漫画賞:歴代受賞者". web.archive.org. 2015-08-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2015. Consultado o 2024-02-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Downtown Story". web.archive.org (en inglés). 2017-03-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2017. Consultado o 2024-02-25. 
  3. 3,0 3,1 "Chie the Brat // Nausicaa.net". www.nausicaa.net. Consultado o 2024-02-25. 
  4. "Jarinko Chie: Bakudan Musume no Shiawase Sagashi". StrategyWiki (en inglés). 2022-05-09. Consultado o 2024-02-25. 
  5. "SIMPLE CHARACTERS 2000 SERIES VOL.04 - JARINKO CHIE - THE HANAFUDA - (NTSC-J)". psxdatacenter.com. Consultado o 2024-02-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]