Java Community Process
É o proceso da Comunidade Java, ou Java Community Process, establecido en 1998, é un proceso formalizado o cal permite ás partes interesadas a involucrarse na definición de futuras versións e características da plataforma Java.
O proceso JCP comporta o uso de Java Specification Request (JSR), as cales son documentos formais que describen as especificacións e tecnoloxías propostas para que sexan engadidas á plataforma Java. As revisións publicas formais de JSRs son controladas antes de que os JSR se convertan en final e sexan votados polo Comité Executivo JCP. Un JSR final subministra unha implementación de referencia a cal da unha implementación libre da tecnoloxía en código fonte e un Kit de Compatibilidade de Tecnoloxía para verificar a especificación da API.
O JCP mesmo está descrito por un JSR. Dende 2006, a versión actual de JCP en uso é 2.6 como se describe por JSR 215.
Hai sobre 300 JSRs. Algunhas das máis importantes JSRs son:
JSR # | Especificación ou Tecnoloxía |
---|---|
3 | Java Management Extensions (JMX) 1.0, 1.1, & 1.2[1] |
5 | Java API for XML Processing (JAXP) 1.0 |
13 | BigDecimal Mellorado(Plataforma Java, Standard Edition#java.math) |
14 | Engadir Tipos Xenéricos á Linguaxe de Programación Java (para J2SE 5.0) |
16 | Java EE Connector Architecture (JCA) 1.0 |
19 | Enterprise JavaBeans (EJB) 2.0 |
31 | Arquitectura Java para Enlazado XML (JAXB) 1.0 |
37 | Perfil de Dispositivo de Información Móbil (MIDP) 1.0 para Java ME |
40 | Interface de Metadatos Java (JMI) 1.0 |
47 | Especificación da API de Logging (para J2SE 1.4) |
51 | Novas APIs I/O para a Plataforma Java (NIO) (para J2SE 1.4) |
52 | Librería de Etiquetas Estándar de Páxinas JavaServer (JSTL) 1.0 e 1.1[2] |
53 | Especificacións Java Servlet 2.3 e JavaServer Pages (JSP) 1.2 |
54 | Conectividade de Base de Datos Java (JDBC) 3.0 |
58 | Plataforma Java 2, Edición Empresas (J2EE) 1.3 |
59 | Plataforma Java 2, Edición Estándar (J2SE) 1.4 (Merlin) |
63 | API Java para Procesamento de XML (JAXP) 1.1 e 1.2[3] |
68 | Plataforma Java, Edición Micro (Java ME) 1.0 |
73 | Minería de Datos Java API (JDM) 1.0 |
94 | API del Motor de Regras Java |
102 | Modelo de Obxectos de Documento Java (JDOM) 1.0 |
110 | APIs Java para WSDL (WSDL4J) 1.0 |
118 | Mobile Information Device Profile (MIDP) 2.0 para Java ME |
133 | Modelo de Memoria Java e Revisión de Especificación de Thread |
151 | Plataforma Java 2, Edición Empresa (J2EE) 1.4 |
152 | JavaServer Pages (JSP) 2.0 |
153 | Enterprise JavaBeans (EJB) 2.1 |
154 | Especificacións Java Servlet 2.4 e 2.5 [4] |
160 | API Remota de Java Management Extensions (JMX) 1.0 |
168 | Especificación de Portlet Java 1.0 |
176 | Plataforma Java 2, Edición Estándar (J2SE) 5.0 (Tiger) |
181 | Metadatos de Servizos Web para a Plataforma Java |
198 | Unha API de Extensión Estándar para Contornos de Desenvolvemento Integrados(IDE) |
199 | API del compilador Java |
203 | Máis APIs de Nova I/O para a Plataforma Java (NIO2) |
206 | API Java para Procesamento de XML (JAXP) 1.3 |
215 | Proceso de Comunidade Java (JCP) 2.6 |
220 | Enterprise JavaBeans (EJB) 3.0 |
221 | Java Database Connectivity (JDBC) 4.0 |
244 | Plataforma Java, Edición Empresas (Java EE) 5 |
245 | JavaServer Pages (JSP) 2.1 |
247 | API de Minería de Datos Java (JDM) 2.0 |
252 | JavaServer Faces (JSF) 1.2 |
255 | Java Management Extensions (JMX) 2.0 |
260 | Actualización da Tecnoloxía de Etiquetas Javadoc |
270 | Plataforma Java, Edición Estándar (Java SE) 6 (Mustang) |
308 | Anotación Java en Tipos Java (Java SE 7) |
900 | Especificación da Linguaxe de programación Java, Terceira Edición (JLS) (para J2SE 5.0 incorpora cambios desde os JSRs 14, 41, 133, 175, 201 e 204) |
907 | Java Transaction API (JTA) 1.0 e 1.1 |
913 | Proceso de Comunidade Java (JCP) 2.0, 2.1 & 2.5[5] |
914 | Java Message Service (JMS) API 1.0 e 1.1 |
924 | Especificación da Máquina Virtual Java, Segunda Edición (JVM) (para J2SE 5.0)[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ JSR 3 orixinalmente especificou o release JMX 1.0. Os dous releases "final" subseguintes deron JMX 1.1 e JMX 1.2. JMX 2.0 está especificado por JSR 255.
- ↑ JSR 52 orixinalmente especificou o release JSTL 1.0. Un release subseguinte de mantemento subministrou JSTL 1.1.
- ↑ JSR 63 orixinalmente especificou o release JAXP 1.1. Un release subseguinte de mantemento de JSR 63 subministrou a especificación JAXP 1.2.[1] JAXP 1.3 especifícase por JSR 206.
- ↑ JSR 154 especificou orixinalmente orelease Java Servlet 2.4. Desde Febrero de 2006 un borrador de mantemento da especificación servlet 2.5 está baixo revisión, planificada para terminar o 20 de Marzo de 2006.
- ↑ JSR 913 orixinalmente especificou JCP 2.0. Foi modificado por varios cambios para votar as regras para producir a versión 2.1 e despois cambiou as regras de licenzas, políticas e procesos para obter a versión 2.5. JCP 2.6 está definido polo JSR 215.[2]
- ↑ JSR 924 orixinalmente especificou cambios á JVM para soportar os cambios en J2SE 5.0.