Saltar ao contido

Javi Fontán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavi Fontán
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Javier Fontán Mondragón, nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de febreiro de 2000, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Pontevedra, da Segunda Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do futbolista Javier Fontán Santos, comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo José no San Miguel de Deiro, club da parroquia homónima do que o seu tío Venerando era o presidente.[1] Máis tarde ingresaron na canteira do Arousa, club no que militara seu pai durante anos.[1]

No verán de 2011 ficharon polo Celta de Vigo, despois de destacar nun torneo en Pontevedra no que chamaron a atención de Toni Otero.[1] Militou oito anos nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ata chegar á División de Honra Xuvenil. En febreiro de 2019 regresou ao Arousa,[2] e tras pasar brevemente polo xuvenil, debutou co primeiro equipo na Terceira División na tempada 2019/20. Na tempada 2021/22 militou na Segunda División RFEF, despois de conseguir o ascenso na campaña anterior. A continuación pasou polo Real Avilés e o Talavera de la Reina, antes de volver en 2024 a Galicia para asinar co Pontevedra.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 Carballo, Pablo (29 de abril de 2021). "«No hay otro Fontán en Primera»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  2. "El lateral Javi Fontán regresó al Arosa SC después de siete temporadas y media en el RC Celta" (en castelán). 23 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  3. "El Pontevedra ficha al futbolista vilagarciano Javi Fontán". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024.