Javi Varas
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1982 (42 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Javier Varas Herrera, nado en Sevilla (España) o 10 de setembro de 1982, é un futbolista español que xoga na demarcación de gardameta. Dende 2017 xoga no Granada CF da Liga 1|2|3.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse no barrio de San José[1] e empezou a xogar ó fútbol nun equipo local, a Escola Deportiva de Pino Montano, pasando pouco despois á Peña Sevillista Pablo Blanco, ata que en edade xuvenil pasou á AD Nervión, coa que xogou na Liga Nacional de Xuveniles e logo en Primeira Rexional.[2] Na tempada 2003/2004 pasou á AD San José, de rexional preferente. O Sevilla Fútbol Club fixouse nel tralas súas boas actuacións, fichándoo para o CD Alcalá, en Segunda B, na tempada 2004/2005, xogando un papel fundamental na salvación do equipo.
Na tempada 2005/2006 o Sevilla repescouno para defende-la portería do filial, tamén en Segunda B.[1] O Sevilla Atlético logrou o ascenso a Segunda División na tempada 2006/2007 grazas á vitoria no partido de promoción fronte ó Pontevedra Club de Fútbol durante o lanzamento dos penaltis.
Na tempada 2007/2008 Javi Varas seguiu co Sevilla Atlético, ata que ó seu termo foi ascendido a segundo gardameta do primeiro equipo.[3] Nada máis ascender, Varas tivo a oportunidade de debutar debido á lesión do titular, Andrés Palop, durante a pretempada.
O 3 de xullo de 2012 o Real Club Celta de Vigo consegue a cesión de Javi Varas para axudar ó equipo a manter a permanencia en Primeira División.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jesús Sevillano (22 de abril de 2009). ABC de Sevilla, ed. "Pablo Blanco: "Varas no es como los porteros alocados, él sabe estar"" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012.
- ↑ Fernando Carmona (28 de abril de 2009). Marca, ed. "Las causas del descalabro del filial sevillista" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012.
- ↑ EFE (5 de agosto de 2008). AS, ed. "El portero Javi Varas renueva su contrato hasta 2010" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012.
- ↑ J. Bernardo. Faro de Vigo, ed. "Javi Varas firma con el Celta por una campaña" (en español). Consultado o 12 de xullo de 2012.