Javier Alonso Seoane
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Javier Alonso Seoane, nado en Pontevedra en 1966, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en ciencias empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 canda outros tres socios fundou PROTEC, dedicada á xestión de activos de administracións públicas e entidades financeiras e dende 2014 é xerente e socio de Tecyp Ingeniería. Militante de Ciudadanos, é dende 2017 membro da xunta directiva local da formación en Pontevedra[1] e voceiro na provincia de Pontevedra.
Na Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato ao Congreso dos Deputados por Ciudadanos. Nas Eleccións municipais de maio de 2019 foi o candidato do seu partido á alcaldía de Vigo. Nas Eleccións xerais de novembro de 2019 repetiu candidatura ao Congreso.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Javier Alonso Seoane |