Saltar ao contido

Javier Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Casal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Javier Casal Ferreira Editar o valor en Wikidata
2 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCadena SER Editar o valor en Wikidata

Sitio webjaviercasal.com Editar o valor en Wikidata

Javier Casal Ferreira, nado en Marín o 2 de outubro de 1973, é un xornalista galego. Traballou para a Cadena SER e dirixiu e presentou o informativo Hora 14.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Pichichi, o fundador da primeira autoescola de Marín.[1]

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, a súa vida profesional sempre estivo ligada á Cadena SER. En 1991 comezou a traballar en Radio Pontevedra e despois en Diario de Pontevedra. En 1997 incorporouse á redacción central dos Servizos Informativos da Cadena SERx en Radio Madrid, formou parte da redacción, dirixiu e presentou Matinal SER. Ddurante oito tempadas foi redactor xefe da edición Fin de Semana dos Servizos Informativos, dirixindo e presentando a informativos Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Desde decembro de 2005 a decembro de 2007 foi director e presentador do informativo Hora 20.[2]

Desde setembro de 2005 até abril de 2010 foi subdirector da informativo Hora 25, primeiro baixo a dirección de Carlos Llamas e despois con Àngels Barceló, sendo o condutor substituto durante os períodos de vacacións. Cubriu distintos acontecementos nacionais e internacionais. O naufraxio do Prestige, as eleccións americanas de 2004, a morte de Xoán Paulo II e estivo á fronte dos informativos da SER durante a fin de semana posterior ao 11-M.

Ocupou o posto de Editor Xefe de Cadena SER.com, impulsando o proxecto de integración das redaccións analóxica e dixital. Durante esa etapa puxo en marcha as primeiras webs locais en Madrid, Barcelona, Sevilla e Bilbao e realizou a formación das redaccións. Desde xuño de 2011 até setembro de 2022 ocupou a xefatura de contidos rexionais da Cadena SER en Madrid.

En 2022 substituíu a José Antonio Marcos na dirección de Hora 14 da Cadena Ser.[3][4]

Foi profesor de Xornalismo Radiofónico e Tratamento da Información en Radio na Facultade de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid e impartiu clases de radio na Escola de Xornalismo de El País.[5][6] Tamén foi profesor na Universidade Nebrija.[7]

En 2014 foi galardoado coa Antena de Plata[8] polo programa 'La Ventana de Madrid'.

Foi o pregoeiro das Festas do Carme 2023 en Marín.[7]

  1. "Javier Casal Ferreira, un periodista marinense en la cima de la radio española, inicia en la SER una nueva etapa profesional". carriola.es. Consultado o 25 de xuño de 2023. 
  2. Casal, Javier. "Javier Casal". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-06-25. 
  3. Martínez, Héctor Llanos (2022-09-05). "Javier Casal sustituye a José Antonio Marcos en ‘Hora 14′ en la nueva temporada de la Cadena SER". El País (en castelán). Consultado o 2023-06-25. 
  4. "Javier Casal sustituye a José Antonio Marcos en la dirección de Hora 14". www.infoperiodistas.info. Consultado o 2023-06-25. 
  5. "Entrevista con Javier Casal" (en español). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  6. "JAVIER CASAL" (en español). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 Pontevedra, Diario de (2023-06-25). "O xornalista Javier Casal será o pregoeiro das Festas do Carme". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-06-25. 
  8. SER, Cadena (2015-04-21). "Javier Casal, Antena de Plata 2015". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-06-25. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]