Javier Díaz Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1975 (49 anos) O Rosal, España |
Actividade | |
Ocupación | balonmanista |
Javier Díaz Pérez, coñecido como Javi Díaz, nado no Rosal o 26 de maio de 1975, é un xogador galego de balonmán, que xoga de porteiro no Atlético Novás, da División de Honra Prata. Con máis de 30 anos de carreira, é o segundo xogador con máis partidos na historia da Liga ASOBAL, na que militou durante 23 campañas, sumando 650 encontros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou profesionalmente en 1992, nas filas do desaparecido Octavio vigués. Posteriormente pasou polas filas do Chapela, o Teucro, o Teka Cantabria, o OAR A Coruña, o Octavio de novo, o Villa de Aranda, o Atlético Valladolid e o Cangas. No verán de 2023 despediuse da Liga ASOBAL como o segundo xogador con máis partidos na historia da competición (650), superado só por José Javier Hombrados.[1] Regresou entón ao seu Rosal natal, onde con 48 anos, fichou polo Atlético Novás, da División de Honra Prata.[1]
Clubs
[editar | editar a fonte]- SD Octavio (1992-1995)
- BM Chapela (1995-1997)
- SD Teucro (1997-2005)
- Teka Cantabria (2005-2006)
- OAR A Coruña (2006-2007)
- SD Octavio (2007-2011)
- BM Villa de Aranda (2011-2015)
- Atlético Valladolid (2015-2018)
- CB Cangas (2018-2023)
- Atlético Novás (2023-Act.)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Javi Díaz, o mito do balonmán galego, prepara o último baile na súa casa aos 48 anos". Nós Diario. 16 de xuño de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web da Liga ASOBAL (en castelán).