Javier Fraiz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
José Javier López Fraiz, máis coñecido como Javier Fraiz, nado en Ourense en 1986, é un xornalista e escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago e traballa desde 2009 no Faro de Vigo.[2] Ten colaborado con Onda Cero, Radio Nacional de España e a Axencia EFE. Exerceu de cronista musical, especializado en jazz e música independente.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Galego
[editar | editar a fonte]- Morte no espello (2022). Vigo: Galaxia. 280 páxs. ISBN 978-84-9151-898-3.[4] Nesta novela unha morte crea o conflito, outra resólveo.[5]
Castelán
[editar | editar a fonte]- Abro comijazz (2021). Libros.com. 180 páxs. ISBN 9788418261749. Crónica de concertos de jazz.[6] Prólogo de Xosé Miguélez.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2019: XXIX Premio de Periodismo Xosé Aurelio Carracedo, "polos seus artigos "en perfecto equilibrio entre literatura e periodismo"[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Javier Fraiz presentó su novela “Morte no espello” en El Cercano". Faro de Vigo (en castelán). 2022-07-01. Consultado o 2022-08-04.
- ↑ "Javier Fraiz - Faro de Vigo". www.farodevigo.es. Consultado o 2022-08-04.
- ↑ Abro comijazz, Javier Fraiz.
- ↑ "Editorial Galaxia Morte no espello". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-04.
- ↑ Núñez Sabarís, Xaquín (outubro, novembro, decembro 2022). "Retratos esnaquizados". Grial LX (236): 102–103. ISSN 0017-4181.
- ↑ Tesouro, A. G. (2021-01-17). "“El jazz no es difícil ni inaccesible, es un idioma universal”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-08-04.
- ↑ "A Deputación de Ourense entrega o XXIX Premio "Carracedo" ao xornalista Javier Fraiz polos seus artigos "en perfecto equilibrio entre literatura e periodismo"". depourense. Consultado o 8 de novembro de 2023.[Ligazón morta]