Javier García de Leaniz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Javier García de Leániz Arias de Quiroga 3 de decembro de 1870 Sevilla, España |
Morte | 6 de febreiro de 1945 (74 anos) Madrid, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
General Director of Fine Arts (en) | |
14 de maio de 1920 – 12 de decembro de 1922 – Fernando Weyler Santacana (pt) → | |
Deputado das Cortes | |
24 de marzo de 1914 – 27 de abril de 1914 – José Pérez Porto → Circunscrición electoral: Chantada | |
Deputado das Cortes | |
28 de xuño de 1910 – 2 de xaneiro de 1914 Circunscrición electoral: Chantada | |
Deputado das Cortes | |
29 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910 Circunscrición electoral: Chantada | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Premios | |
Francisco Javier García de Leaniz Arias de Quiroga, nado en Sevilla o 3 de decembro de 1870 e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1945, foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato no Colexio dos Xesuítas. Licenciouse en Dereito na Universidade de Sevilla aos 19 anos. Ingresou no Corpo de Letrados do Tribunal de Contas do Reino e no Corpo da Administración do Estado. Traballou en varios ministerios e foi director do Gabinete particular do ministro Guillermo J. de Osma. Foi elixido deputado polo distrito de Chantada nas eleccións xerais de 1907. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1910 e 1914. Foi nomeado Director Xeral de Comercio, Industria e Traballo en 1915. Foi Tesoureiro e Secretario xeral da Asemblea Suprema da Cruz Vermella, Director Xeral de Belas Artes (1920). Na ditadura de Primo de Rivera foi Subsecretario de Instrución Pública e Belas Artes e Gobernador do Banco de Crédito Local de España en 1928 (permanecendo no cargo até 1936). Durante a Guerra Civil refuxiouse no Instituto de Valencia de Don Juan.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu as Grandes Cruces de Carlos III, Isabel II e da Cruz Vermella, e foi nomeado Fillo predilecto de Sevilla, Albacete e Lopera.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1898 con María del Pilar Aparici Cabezas-Altamirano, que finou en 1916 e volveu casar con Rosalía Mena.