Javier Valcarce García
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Javier Valcarce.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 ![]() Mugardos, España ![]() |
Morte | 23 de agosto de 1918 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Familia | |
Pai | Javier Valcarce Ocampo ![]() |
![]() ![]() |
Javier Valcarce García, nado en Mugardos[1] cara a 1886 e finado en Madrid o 23 de agosto de 1918, foi un escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Javier Valcarce Ocampo. Colaborou en varios periódicos e revistas. O seu conto "Romanace" foi premiado no concurso de El Liberal de 1908. Publicou Romancero prosaico (1910) e Poemas de la prosa (1913), ademais de varias obras de teatro como Los nidos de antaño e Yermo. Antonio Machado dedicoulle o poema "Valcarce, dulce amigo, si tuviera". Finou nun sanatorio de Madrid o 23 de agosto de 1918 con 32 anos.[2][3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Romancero prosaico, 1910.
- Poemas de la prosa, 1913.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 23 de agosto de 2018. No propio artigo se refire á habitual confusión de crer que naceu en Pontevedra: seguindo o periplo do seu pai Javier Valcarce Ocampo viviría en Cuenca, León e Santiago ata que se asentou definitivamente na cidade do Lérez para traballar no Goberno Civil.
- ↑ La Región, 24-8-1918, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 27-8-1918, p. 2.