Saltar ao contido

Javier de Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier de Burgos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1778 Editar o valor en Wikidata
Motril, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1848 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados Circunscrición electoral de Almería
14 de outubro de 1844 – 19 de outubro de 1844
Ministro de Economía
27 de decembro de 1833 – 15 de xaneiro de 1834
Subprefeito (pt) Traducir Provincia de Almería
1810 – setembro de 1812
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, político, poeta, tradutor, dramaturgo, historiador, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosAugusto de Burgos Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Burgos (Francisco Javier de), p.57)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX869124

Francisco Javier de Burgos y del Olmo, nado en Motril (Granada) o 22 de outubro de 1778 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1848, foi un político, xornalista, dramaturgo e tradutor andaluz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia nobre aínda que non adiñeirada estaba destinado a servir á Igrexa, pero abandonou axiña os estudos relixiosos en Granada, trasladándose a Madrid para adicarse aos estudos de xurisprudencia. Coa invasión napoleónica pasou ao seu servizo ocupando en Andalucía distintos cargos. Dada a súa condición de afrancesado, en 1812 trasladouse a París onde completou a súa formación mediante o estudo das obras dos clásicos, Horacio principalmente, do que traduciu ao castelán as súas obras. Esta tradución de Horacio foi comentada á súa vez por Andrés Bello nun celebrado artigo sobre a tradución. Bello cualifica a Javier de Burgos de «débil tradutor y excelente comentarista de Horacio». Anos máis tarde, en 1844 publicou unha revisión desta obra que coas súas imperfeccións segue sendo un referente, entre outras cousas pola utilización da estrofa sáfica en versos soltos.

A creación das provincias

[editar | editar a fonte]

Regresou a Madrid en 1819 e en 1822 foi nomeado director de El Imparcial, xornal ao redor do cal se reuniron os afrancesados portadores das novas ideas. O seu labor como xornalista compaxinábase co labor como escritor, destacando a súa "Biografía universal antiga e moderna", unha tradución do francés que publicou moi reformada e ampliada en varios tomos. De 1827 a 1833 desempeñou distintos cargos de importancia na Administración. En 1833, ao comezo do reinado de Isabel II, baixo a rexencia de María Cristina de Borbón, foi nomeado Secretario de Estado de Fomento baixo o ministerio de Cea Bermúdez e foi nese cargo no que estableceu a división territorial por provincias, baseándose nas formulacións do Novo Réxime pero tomando como base a antiga división en reinos da monarquía borbónica. O decreto foi aprobado o 30 de novembro e o 22 de decembro dese mesmo ano foi nomeado Ministro de Facenda. Foi senador e conselleiro real e en 1846 co primeiro goberno de Narváez ministro da Gobernación, cargo que deixou nese mesmo ano ao ser nomeado Francisco Javier de Istúriz á fronte do goberno.

Durante os seus últimos anos volveu cultivar a poesía e ademais da revisión da tradución de Horacio xa mencionada escribiu poesía de circunstancias sendo de destacar unha canción fúnebre á morte da raíña Isabel de Bragança, unha oda ao casamento do rei Fernando VII con María Cristina de Borbón, aínda que destacou entre todas elas a súa Oda a la Razón e Al porvenir. Tamén destacou moi cedo como comediógrafo e unha peza súa no xénero, Los tres iguales, foi, por certo, a causa do desterro do grande actor Isidoro Máiquez. Ao morrer deixou inacabados uns Anales del reinado de Doña Isabel II, que concluíu o seu fillo Augusto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]