Jay Schiltz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1958 Steinfort, Luxemburgo (en) |
Morte | 20 de maio de 2020 (62 anos) |
Actividade | |
Ocupación | artista de cabaret, xornalista, autor |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Francine Closener |
John (" Jay ") Schiltz, nado en Steinfort o 28 de xaneiro de 1958 e finado o 20 de maio de 2020 [1], foi un xornalista, escritor e artista de cabaré luxemburgués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do escritor Roger Schiltz. Despois de completar a súa educación secundaria no Athénée de Luxemburgo en 1978 entrou no mercado laboral, primeiro traballou no ferrocarril e logo na administración municipal de Steinfort. Ao inicio da década de 1990 entrou no xornalismo traballando na redacción de RTL Radio Lëtzebuerg e a partir de 1998 en RTL Télé Lëtzebuerg.
Dende o 1 de xaneiro de 2002 ata principios de decembro de 2013 foi redactor xefe da emisora pública Radio 100,7. Renunciou ao cargo para non entrar nun conflito de intereses, tras o nomeamento da súa esposa, Francine Closener como secretaria de Estado no goberno Bettel-Schneider [2] .
Jay Schiltz escribiu en luxemburgués obras de teatro dende 1991 e a partir de 2000 tamén escribiu textos para espectáculos de cabaré. De xaneiro de 2003 a maio de 2006 escribiu artigos para Kulturissmo, o suplemento cultural de Tageblatt .
En 1997 con motivo do Ano Europeo contra o Racismo e por iniciativa de Charles Goerens[3] organizouse unha viaxe de 120 estudantes de secundaria luxembugueses ao campo de concentración de Auschwitz en Polonia. As viaxes fixéronse anuais e organizadas pola asociación Témoins de la 2ª Géneration e dende a súa constitución en 2001[3]Schitlz foi o seu vicepresidente[4]. Froito do seu labor e desas viaxes foi o libro Aschengenger - Erzählung einer langen Reise que se editou en 2003 en alemán.
Obra
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Aschengänger - Erzählung einer langen Reise, Literareon, Herbert Utz Verlag, München, 2003, ISBN 978-3-8316-1127-0
- No comment - Commentairen, Ultimomondo, Sandweiler, 2008, ISBN 978-2-919933-46-4
Teatro
[editar | editar a fonte]- Game over, 1991
- Schäinhelleger Owend,, 1992
- Eng Schnéischëpp, Chreschtdag an eng Rees an Italien, 1996
- E Wäibierg an Alaska, 2005
- Wanterdreem, 2007
- Papa, tu dors?, 2008
- De Schaf, 2009
- Ängri ould börds, 2013
Cabaré
[editar | editar a fonte]- Para Cabarenert
- Endstatioun Geenzuucht, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000
- Onkraut vergeet net, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000
- Fixfeier, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2001
- Maach d'Kräiz... an alles bleift besser, con Rol Gelhausen, 2003
- Schwamm driwwer, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2005
- Alles am A..., con Rol Gelhausen e Claudine Muno, 2007
- Para Cabaret Roude Léiw
- Béierdéckelsgespréicher, 2006
- Béierdéckelsgespréicher 2, 2009
- Espectáculos individuais
- An-Eck-Doten, 2005
- Ex Cathédral, 2010
- No politics, 2016
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jay Schiltz s'en est allé." wort.lu, 21 mai 2020.
- ↑ Lëtzebuerger Land: "A l'usure", 9. Dezember 2011, Säit 5
- ↑ 3,0 3,1 "Buts" Arquivado 25 de maio de 2020 en Wayback Machine.. temoins.lu
- ↑ "Jay Schiltz est décédé".Paperjam, 20 de maio de 202