Saltar ao contido

Jayvee Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJayvee Gayoso
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata

Jaime Vicente "Jayvee" Gayoso, nado en Filipinas o 9 de abril de 1966) é un ex-xogador de baloncesto e comentarista deportivo filipino.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do xogador de baloncesto Poch Gayoso, xogou ao baloncesto universitario nas filas do Ateneo Blue Eagles, onde compartiu equipo con Danny Francisco, Eric Reyes a futura estrela da PBA Olsen Racela e o MVP da UAAP, Jun Reyes. En 1987 gañou o campionato contra o UE liderado por Jerry Codiñera e en 1988 contra o La Salle de Dindo Pumaren.[1][2][3]

No draft de 1991 foi seleccionado por Ginebra, equipo no que militou ata 1998.[4] Máis tarde xogou no Tanduay Rhum Masters.

Trala súa retirada exerceu como adestrador do Rizal Crusaders entre 2019 e 2020.[5] Tamén iniciou unha carreira como actor, aparecendo en varios filmes.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa xogadora de voleibol Jinggay Antonio-Gayoso, coa que foi pai do tamén futbolista Jarvey Gayoso.[6]

  1. "SOARING HIGH" (en inglés). 24 de decembro de 2022. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  2. "Meet the star guard who led Ateneo to first UAAP finals victory over rival La Salle" (en inglés). 7 de decembro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  3. "Let's look back at four previous meetings of Ateneo, La Salle in UAAP finals" (en inglés). 1 de decembro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  4. "These young athletes carved a different path from their parents" (en inglés). 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  5. "Jayvee Gayoso on son Jarvey’s decision: ‘He has to grow’" (en inglés). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  6. "Jarvey Gayoso: The Rising Son" (en inglés). 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.