Jean-François Fortin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1973 ![]() |
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá | |
2 de maio de 2011 – 18 de outubro de 2015 (disolución do parlamento) Lexislatura: 41º Parlamento do Canadá (pt) ![]() Circunscrición electoral: Haute-Gaspésie—La Mitis—Matane—Matapédia (en) ![]() Electo en: Eleccións federais de Canadá de 2011 | |
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Quebec em Montreal (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Otava Rimouski (pt) ![]() Sainte-Flavie (en) ![]() ![]() |
Ocupación | político, educador ![]() |
Empregador | Cégep de Rimouski (en) ![]() ![]() |
Partido político | Bloco Quebequense (pt) ![]() político independente Strength in Democracy (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Jean-François Fortin, nado o 12 de setembro de 1973, é un político quebequés, líder do partido Forzas e Democracia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jean-François Fortin realizou estudos de ciencias políticas na Universidade do Quebec en Montreal, completando os seus estudos cun certificado sobre a política estranxeira da Unión Europea na Universidade de Lión (Francia). Especializouse en análise política e relacións internacional, materias que ensinou no Cégep de Rimouski entre xaneiro de 2001 e maio de 2011.
A súa primeira participación en política foi como concelleiro en Sainte-Flavie (2003.2006), localidade da que foi alcalde en 2009. Nas eleccións federais de 2011 presentouse polo Bloque Quebequés na circunscrición de Haute-Gaspésie—La Mitis—Matane—Matapédia en substitución de Jean-Yves Roy, que por problemas de saúde decidira non presentarse. Resultou elixido nun contexto de baixada electoral para o BQ.
Tras a dimisión de Gilles Duceppe, foi un dos candidatos a liderar o Bloque nas primarias que celebradas en decembro de 2011 pero quedou por detrás de Maria Mourani, e do vencedor Daniel Paillé.[1]
En 2014, apoiou a André Bellavance como líder do Bloque nas primarias dese ano, pero contra prognóstico gañou Mario Beaulieu. O 12 de agosto de 2014 anunciou a súa baixa do partido, non obstante permaneceu na Cámara dos Comúns como independente, denunciando a intransixencia de Beaulieu e a radicalización do que fora o seu partidoi[2], e anunciou a creación dun partido sen liña política e que mirase polos intereses das rexións quebequesas[3].
O 21 de outubro de 2014, co deputado do NPD Jean-François Larose, fundou Forzas e Democracia, un novo partido político quebequés rexistrado federalmente[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ « Daniel Paillé est le nouveau chef du Bloc québécois », Radio Canada, 12 de decembro de 2011.
- ↑ « Jean-François Fortin quitte le Bloc québécois », La Presse, 12 de agosto de 2014
- ↑ "Jean-François Fortin songeait à former un nouveau parti, avant de démissionner" Radio Canada, 12 de agosto de 2014 Arquivado 16 de abril de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ ""Un nouveau parti pour allier les forces de nos régions"". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en francés)