Jean-Louis Forain
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Louis Henri Forain ![]() 23 de outubro de 1852 ![]() Reims, Francia ![]() |
Morte | 11 de xullo de 1931 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemetery of Le Chesnay (en) ![]() ![]() |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor, augafortista, artista gráfico, debuxante, litógrafo, gravador, caricaturista, ilustrador, artista visual ![]() |
Membro de | Real Academia de Arte (membro de honra) (1931–) Academia de Belas Artes (1923–) Republic of Montmartre (en) ![]() Ligue de la Patrie Française (en) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Forain (1891–) ![]() |
Cronoloxía | |
14 de xaneiro de 2020 | restitution of Nazi-looted art (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Enciclopedia Británica de 1922 Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
Jean-Louis Forain , nado en Reims o 23 de outubro de 1852 e finado o 11 de xullo de 1931, foi un pintor, debuxante, caricaturista e ilustrador francés, vinculado a Toulouse-Lautrec, a quen en realidade precedeu como observador da vida moderna. É considerado o membro máis novo do grupo impresionista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha modesta familia de artesáns. Trasladado a París ao once anos de idade, contou coa protección do escultor Jean-Baptiste Carpeaux e estudou por un tempo na École deas Beaux-Arts, no estudo de Jean-Léon Gérôme e co caricaturista André Gill, aínda que a súa formación foi autodidacta en gran medida. Destacou como ilustrador de publicacións como Le Monde parisien e Le Rire. Tamén buscou o humor nos seus debuxos máis satíricos de xuíces e avogados, nos que tivo un ilustre predecesor, Honoré Daumier. Segundo Siro, Forain foi un dos autores que máis influíron en Castelao, xunto con Olaf Gulbransson, o primeiro polos seus textos nos pés de páxina e o segundo pola liña.[1] Baixo influencia de Manet e Degas, Forain abordou temas recorrentes neles: o teatro, os cafés, a ópera, as casas de alterne e as carreiras de cabalos. Entre 1879 e 1886 participou en catro exposicións impresionistas, invitado por Degas e nunha colectiva da galería Durand-Ruel en Nova York.
A súa primeira mostra individual foi en 1890, na galería Boussod et Valadon dirixida por Theo van Gogh, irmán de Vincent.
Destacou como autor popular a partir de 1890, coas súas caricaturas satíricas. Admirador de Goya, visitou Madrid en 1894 e 1900, a segunda vez para visitar unha exposición súa.
En 1913 expuxo 390 piezas no Museo de Artes Decorativas de París, e en 1917 participou na Exposición de Arte Francesa celebrada en Barcelona con 75 obras. En 1921, por compromiso ofrece ao museo de Reims, a súa cidade natal, un importante lote de debuxos. Morreu o 11 de xullo de 1931
Obras
[editar | editar a fonte]- Scène de café (1878). Museo de Brooklyn
- Bailarina en rosa. Colección Thyssen-Bornemisza.
- Vestíbulo en la Ópera. Museo de Belas Artes de Boston.
- Le Veuf (1884). Museo de Orsay.
- Anna de Noailles (1905).
Exposicións
[editar | editar a fonte]- De xuño a setembro de 1952, na Bibliothèque nationale polo centenario do seu nacemento.
- De maio a xuño de 1978, no museo Marmottan de París.
- De xaneiro a xullo de 1986, no Museo des deux guerres mondiales.
- 2003, no museo Brayer de Baux de Provence.
- Do 8 de abril ao 28 de setembro de 2003 no museo Angladon de Aviñón.
- Do 10 de marzo ao 5 de xuño de 2011 no Petit Palais de París.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Jean-Louis Forain debuxando no seu estudio
-
A danseuse - Jean-Louis Forain
-
Danseuse et admirateur derrière a scène (Museo de Belas Artes de Buenos Aires)
-
A funambulista (Art Institute de Chicago)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ L., Siro (1979). Simplicissimus, Gulbransson e Castelao. Grial, revista galega de cultura. Núm. 63. ISBN 84-7154-628-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean-Louis Forain |