Saltar ao contido

Jean Buridan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Buridan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1295 ↔ 1300 Editar o valor en Wikidata
Béthune, Francia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1358 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLóxica, filosofía da natureza e teoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, lóxico, clérigo, catedrático, teólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía medieval Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
MovementoNominalismo e lóxica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresWilliam de Ockham Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlberto da Saxônia (filósofo) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1766754

Jean Buridan, en latín Joannes Buridanus (ás veces escrito en galego Jean Buridán), nado probabelmente en Béthune (Paso de Calais, Francia) ca. 1292 e finado en 1363), foi un filósofo escolástico francés, un dos inspiradores do escepticismo relixioso en Europa.

Destacou nos estudos de lóxica e nos comentarios a Aristóteles. Foi defensor do principio de causalidade. Como autor de traballos teóricos en óptica e mecánica, formulou unha noción de inercia, intentando explicar o movemento coa teoría do ''impetus'', contra 1340.[1]. Seu nome está frecuentemente asociado ao experimento mental coñecido como o "asno de Budirán".

Como filósofo, Buridan adopta unha posición nominalista, pero non parte dunha linguaxe humana idealizada, o que marca unha diferenza importante entre o seu pensamento e o do seu mestre Guillerme de Occam, con quen se compara moitas veces. Porque, se ben é certo que ambos os dous adoptan a visión segundo a cal os enunciados, sexan falados, escritos ou pensados, son os portadores da verdade ou da falsidade, Occam, porén, tende a ver as proposicións ou enunciados pensados como expresando conceptos únicos, canónicos. Polo contrario, Buridan nunca privilexia un discurso conceptual externo aos axentes que o expresan. Sostén, pola contra, que o significado das expresións faladas e escritas se relaciona con conceptos cognitivos ou psicolóxicos do locutor.

Pero a súa contribución máis importante é a introdución do concepto de ímpeto ou impulso (impetus) ou movemento inercial (momento), que o fai precursor directo neste punto fundamental da mecánica de Copérnico, Galileo e Newton. O impetus, proporcional á masa e á velocidade do axente do movemento, mantén ao móbil no seu estado de movemento sen necesidade de accións ulteriores (inercia).

Foi o precursor tamén da teoría da formación das imaxes ópticas e da cinemática ou ciencia do movemento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de París baixo a influencia do filósofo escolástico Guillerme de Occam. Ensinou filosofía en París e, en 1317, chegou a ser reitor da Universidade desta cidade.

Contrariamente aos curricula ordinarios dunha carreira en filosofía da época, el elixiu estudar as artes máis ben que a teoloxía. Mantivo tamén a súa independencia permanecendo como clérigo secular. A partir de 1340 oponese ao seu mentor, Guillerme de Occam; este acto interpretouse como un momento clave no xurdimento do escepticismo relixioso.

Perseguido polos realistas, Buridan retirouse a Alemaña, onde fundou unha escola e ensinou en Viena. Buridan discutiu a cuestión do libre albedrío e da debilidade da vontade nos seus comentarios sobre a Ética de Aristóteles.

Unha campaña póstuma dos occamistas conseguiu colocar os escritos de Buridan mo Index librorum prohibitorum de 1474 a 1481.

Numerosas historias apócrifas con respecto á súas supostas aventuras amorosas poñen de manifesto que Buridan tiña a reputación de ser unha figura brillante e misteriosa en París.

O asno de Buridán

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Paradoxo do asno de Buridan.

O paradoxo coñecido como paradoxo do asno de Buridán non foi creado por este filósoofo. Xa Aristóteles se preguntaba como un can que debe elixir entre dúas comidas igualmente apetitosas pode escoller unha entre elas. Buridan non discute o problema particular, pero avoga por un determinismo moral onde un ser humano que fai fronte a comportamentos posíbeis debe sempre elixir o ben máis grande. Buridan considera que a vontade pode atrasar a elección para determinar máis completamente os resultados posíbeis da opción. Presentadores posteriores satirizaron esta idea coa metáfora dun asno sedento e morto de fame, colocado a igual distancia entre un cubo de auga e un cubo de avea; o asno morre de fame e de sede, pois vacila entre os dous desexos.

Pero Buridan si é autor doutro paradoxo moi pouco coñecido, e que ten relación cos fundamentos da lóxica matemática. Consta de dúas proposicións:

'Deus existe'.
'Nin a proposición anterior nin esta son certas'.

A conclusión final é que, necesariamente, Deus existe, pero...

Algunhas obras de Buridan

[editar | editar a fonte]
  • Comentarios sobre Aristóteles:
    • Summula de dialectica, París, 1487, in-folio.
    • Compendium Logicae, Venecia, 1487, in-folio.
    • Sophismata, in 8°.
    • Quaestiones in X libros Ethicorum Aristotelis (París, 1489, in-fol., e Oxford, 1637, in-4); reimpresión da edición de París 1513, Frankfurt am M. 1968.
    • Quaestiones in VIII libros Physicorum Aristotelis, in libros de Physica et in parva naturalia, París, 1516, in 4°; reimpresión da edición de París 1509, Frankfurt am M., 1964.
    • In Aristotelis Metaphysica (Métaphysique), París, 1516-1518, in-folio.
  1. Lecourt, Dominique e Thomas Bourgeois (2002): Dictionnaire d'histoire et philosophie des sciences. Paris: Presses Universitaires de France (PUF). ISBN 978-2-13-054499-9. Vewr en liña, artículo "Impetus" por Christiane Vilain, e artigo "Inerce por François De Gandt

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bobliografía

[editar | editar a fonte]
  • González González, Juloio Antonio (2005): Pioneros de la ciencia. Asociación Española Cionecia y Cultura. ISBN 978-84-934673-3-3.
  • Landi, Mrcello (2007): "Un contributo allo studio della scienza nel Medio Evo. Il trattato Il cielo e il mondo di Giovanni Buridano e un confronto con alcune posizioni di Tommaso d'Aquino", en Divus Thomas 110 (2): 151-185.
  • Gyula, Klima (2008): John Buridan (Great Medieval Thinkers). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-517623-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]