Jean Jadot
Nome orixinal | Jean Charles Auguste Georges Jadot |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1917 |
Morte | 13 de xullo de 2010 (92 anos) Bruxelas. |
Cargos | |
Presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica | |
Período | 1970 – 1976 |
Antecesor | Marcel Hoc |
Sucesor | Émile Brouette |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Q89547790 | Presidente da SRNB. Director de Revue de numismatique et de sigillographie. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, bibliofilia, coleccionismo de arte. |
Empregador | Real Academia de Arqueoloxía de Bélxica. |
Membro de | Sociedade Real de Numismática de Bélxica. Sociedade Real de Amigos da Medalla de Arte. |
Jean Jadot, nado en Saint-Gilles, Bruxelas, en 1917 e finado en Bruxelas o 13 de xullo de 2010, foi un coleccionista de arte, bibliófilo e numismático belga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como erudito autodidacta, o interese de Jean Jadot abrangueu varios aspectos do coñecemento, especializándose sobre todo no século XVIII. Na Revue de numismatique et de sigillographie publicou publicou numerosos artigos sobre numismática, sixilografía, bibliofilia e outros asuntos.[1][2]
Como coleccionista, en 1935 iniciou unha colección de debuxos antigos de todas as escolas, gravados, libros con ex libris, autógrafos, medallas e outros obexctos. Estre eles había debuxos de artistas tan recoñecidos como Peter Paul Rubens e gravados da época austríaca e da Revolución brabantina en Bélxica. A colección foise dispersando pouco e pouco. En 1996, Jadot ofreceu ao Gabinete de Estampas da Biblioteca Real de Bruxelas doce debuxos de paisaxes, algunhas estampas e unha prancha de cobre de Sauveur Legros.[3] Pola súa banda, algunhas pezas do século XVIII acabaron formando parte das coleccións do Banco Nacional de Bélxica.[2] Ademais, o 13 de dedembro de 2016 vendeuse unha importante parte do resto da colección de Jadot, na sala de poxas Godts de Bruxelas.[4][5]
Jean Jadot foi elixido membro correspondente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica en 1946; logo foi tesoureiro da entidade de 1948 a 1967, vicepresidente en 1967 e presidente de 1970 a 1976.[1] A partir de entón recibiu o nomeamento de presidente honorario.[2] Entre 1970 e 1982 tamén foi un dos directores da publicación periódica desa sociedade, a Revue de numismatique et de sigillographie.[1]
Ademais, pertenceu a outras sociedades eruditas e de carácter científico. Foi asesor, tesoureiro xeral e logo presidente da Real Academia de Arqueoloxía de Bélxica (1979-1980) e tamén secretario da Sociedade Real de Amigos da Medalla de Arte (1949-1959).[1][2]
Jean Jadot finou en Bruxelas o 13 de xullo de 2010,[2] pouco antes de facer 93 anos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smolderen, L. (2010).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Jadot, Jean". Marquesdecollections.fr
- ↑ Van Ooteghem, S. (2012). "Donation de dessins de Sauveur Legros". En Fondation Custodia E-News, 9. 2. Páxina 5.
- ↑ Farcy, P. (2016). "Souvenirs de Jean Jadot". Lalibre.be. 9 de decembro.
- ↑ "Des objets historiques d'un des plus grands collectionneurs du pays vendus aux enchères". En Lesoir.be. 9 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smolderen, L. (2010). "Nécrologie-Overlijdens. Jean Jadot (1917-2010)". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 154. Páxina 307.
Predecesor: Marcel Hoc |
Presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica 1970 - 1976 |
Sucesor: Émile Brouette |