Jean Liedloff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1926 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 15 de marzo de 2011 (84 anos) Sausalito, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | doenza |
Actividade | |
Ocupación | psicoterapeuta, xornalista, escritora |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Liedloff, Jean, |
Jean Liedloff, nada en Nova York o 26 de novembro de 1926 e finada en Sausalito (California) o 15 de marzo de 2011[1], foi unha autora estadounidense, máis coñecida polo seu libro The Continuum Concept: In Search of Happiness Lost ("O concepto do continuum: na procura da felicidade perdida").
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como adolescente terminou o Seminario de Drew para mulleres novas (Drew Seminary for Young Women) e comezou os seus estudos na Universidade Cornell. Antes de terminar os seus estudos, participou en expedicións na selva de Venezuela. Durante unha expedición en busca de diamantes, púxose en contacto co pobo indíxena yekuana. Co paso de tempo, apaixonouse polos yekuana, tomando a decisión de regresar a Venezuela para vivir con eles. Liedloff escribiu o seu libro The Continuum Concept como un intento de documentar o modo de vivir dos yekuana, en particular o seu estilo de crianza. Desde 1968 até 1970 traballou como redactora de revista The Ecologist.
Obra
[editar | editar a fonte]- The Continuum Concept: In Search of Happiness Lost (1974) ISBN 0-201-05071-4
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Continuum Concept author Jean Liedloff dead at 84", necrolóxica en Examiner (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Comprender el concepto de continuum, na revista Crianza Natural (en castelán)
- Entrevista a Jean Liedloff, antropóloga y autora del “concepto de Continuum”, na web da Asociación SINA, maio de 2009 (en castelán)
- www.continuum-concept.org Arquivado 17 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Grupo de Yahoo! de Concepto del Continuum Arquivado 11 de xullo de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)