Jeanneke Pis
Jeanneke Pis | |
---|---|
A estatua-fonte Jeanneke Pis | |
Presentación | |
Nome local | Jeanneke-Pis |
Localización | Bruxelas Rexión de Bruxelas Bélxica |
Dirección | Entre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang) |
Coordenadas | |
Tipo | Estatua de bronce e fonte |
Construción | |
Data da construción | 1985 |
Remate | 1987 |
Dimensións | |
Altura | Arredor de 50 cm |
Equipo | |
Escultor | Denis-Adrien Debouvrie |
web oficial |
A Jeanneke Pis (expresión en neerlandés que en galego significa "nena que ouriña") é unha singular estatua e fonte de bronce de arredor de 50 centímetros de altura, situada no centro histórico de Bruxelas, Bélxica.[1]
A estatua representa unha nena pequena con coletas, espida e de crequenas, con faciana burleira, ouriñando dentro da cunca da fonte. Considérase como o homólogo feminino do Manneken Pis.[2]
Está situada entre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang) da capital belga, que dá á rúa dos Carniceiros (rúe des Bouchers / Beenhouwersstraat), preto da Grand-Place.[3]
A súa historia
[editar | editar a fonte]A estatua foi realizada en 1985 por Denis Adrien Debouvrie, que era tamén o propietario de varios restaurantes no barrio bruxelés do Illot Sacré, e foi inaugurada en 1987.[4][5]
O seu significado
[editar | editar a fonte]O restaurador quixo restablecer a igualdade entre home e muller ao encargar a estatua, compensando así a existencia do Manneken Pis.
No entanto, para o público acabou por simbolizar tamén a fidelidade, e é tradicional botar moedas nas cuncas da fonte, en proba da lealdade pola persoa amada.[6]
-
A Jeanneke Pis no seu nicho.
-
Placa informativa ao lado da estatua.
-
Situación da estatua-fonte na calella.
-
Outra vista da Jeanneke Pis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manneken Pis". En Eupedia. Guide de Bruxelles (en francés)
- ↑ "A Family of Pissing Statues: Manneken Pis, Jeanneke Pis and Zinneke Pis". En Wander The Map (en inglés)
- ↑ "Jeanneke Pis, la niña meona de Bruselas". En Buendía Tours (en castelán)
- ↑ "Jeanneke la mal aimée". En Métro. 20 de abril de 2011. P 11 (en francés)
- ↑ "King of Belgian restaurants murdered Arquivado 11 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". En Expatica, 11 de setembro de 2008 (en inglés)
- ↑ "Jeanneke Pis". En Bruselas.net (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jeanneke Pis |