Saltar ao contido

Jenara Vicenta Arnal Yarza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJenara Vicenta Arnal Yarza
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Profesora de ensino secundario
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrática de bacharelato (1930–), investigadora, química Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zaragoza
IES Beatriz Galindo (en) Traducir
Consello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1197187 Dialnet: 3669242

Jenara Vicenta Arnal Yarza, nada en Zaragoza o 19 de setembro de 1902 e finada en Madrid o 27 de maio de 1960, foi a primeira doutora en Ciencias Químicas de España.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jenara Vicenta naceu nunha humilde familia, o seu pai foi Luís Arnal Foz, natural de Zaragoza, xornaleiro de profesión, aínda que con posterioridade dedicouse á reparación de pianos; a súa nai, Vicenta Yarza Marquina, natural de Brea (Zaragoza), era ama de casa . Tiña dous irmáns: Pilar, que chegou a ser unha gran pianista, estudou en París e chegou a dar concertos no Teatro Real de Madrid; e Pablo catedrático de Física e Química, e que pertenceu ao Consello Superior de Investigacións Científicas, pero faleceu sendo moi novo.[2]

A súa vocación levoulle a estudar Maxisterio na Escola de Zaragoza, obtendo a titulación de Mestra de Primeiro Ensino o 3 de decembro de 1921. Pero as súas ansias de saber leváronlle a matricularse durante o curso académico de 1922-1923 na Facultade de Ciencias da Universidade de Zaragoza, na rama de Ciencias Químicas, na calidade de alumna non oficial. Cursando o resto dos anos da carreira xa como alumna oficial, obtendo a cualificación de sobresaliente e matrícula de honra en todas as materias. O título do Grao de Licenciada expedíuselle, polo Reitorado da Universidade de Zaragoza, con data de 12 de marzo de 1927.

Continuou estudando para obter o Grao de Doutora na Facultade de Ciencias, Sección de Químicas, da mesma Universidade, cousa que logrou o 13 de decembro de 1929 ao expedirse o título. É así como Jenara Vicenta converteuse na primeira doutora en Ciencias Químicas de España, seguida máis tarde polas catedráticas Ángela García de la Puerta e María Antonia Zorraquino.[2][4]

Tras finalizar os seus estudos, en 1926, iniciou o seu labor como investigadora nos laboratorios de Química teórica da Facultade de Ciencias da Universidade de Zaragoza. Pero a súa investigación levaríaa a traballar noutros centros tanto públicos como privados destacando: a Escola Industrial da mesma cidade, a Escola Superior de Traballo de Madrid, o Anstalt für Anorganische Chemie da Universidade de Basilea (como pensionada da Junta de Ampliación de Estudios), e o Instituto Nacional de Física e Química de Madrid (proseguindo e ampliando os traballos iniciados en Suíza e Alemaña, onde fora a investigar sobre Electroquímica, en calidade de pensionada da JAE).

En 1929 entrou a formar parte da Sociedad Española de Física y Química, polo destacado labor investigador tanto en España como no estranxeiro.

Mentres estivo nos laboratorios do Anstalt für anorganische Chemie investigou sobre a obtención electrolítica dos persulfatos de cinc e lantano e os resultados do seu traballo foron publicados resumidamente na revista Chimica Acta de Suíza. Tamén investigou sobre oxidacións químicas producidas pola acción do flúor en corrente gasosa. Pasou un tempo estudando na Technische Hochschule, de Dresde grazas á ampliación da bolsa por dous semestres que solicitou en 1932.[2]

Durante a Segunda República Española Jenara Vicenta estivo a traballar no Instituto Nacional de Física e Química na sección dedicada á electroquímica.[5]

Cando estala a guerra estaba en Madrid e en 1937 sae de España e está un tempo en Francia, de onde volve para entrar na zona nacional. Tras a guerra puido exercer sen ser sancionada.

Seguiu interesada durante a época de Franco na investigación científica realizou diversos traballos para o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ademais de formar parte do Instituto de Pedagoxía San José de Calasanz e colaborar no Boletín Bibliográfico do CSIC, deixando unha gran pegada o seu pensamento científico, o cal queda patente en publicacións destinadas aos mestres e inspectores de Ensino Primario mediante a Biblioteca Auxiliar de Educación.[4]

En maio de 1947 conseguiu autorización para asistir ao Primeiro Centenario da Royal Society e ao XI Congreso Internacional de Química Pura e Aplicada que se celebrou en Londres en xullo dese mesmo ano, en decembro a Dirección Xeral de Ensinos Medios deulle permiso para realizar unha misión no Xapón, como Delegada da Sección de Intercambios do CSIC.[4] Ao seu regreso a España, Jenara Vicenta Arnal impartiu conferencias e facilitou o intercambio das publicacións do CSIC coas das Universidades e centros de alta investigación xaponeses (máis tarde marcha durante dous anos ao país nipón onde amplía os seus estudos en química).[6]

En xullo de 1953 realizou unha viaxe para asistir ao XIII Congreso Internacional de Química Pura que se celebrou en Estocolmo e Uppsala; e ese mesmo ano, en setembro iniciou o que sería a última viaxe a Europa por motivos de investigación, para asistir á reunión do Comité Internacional de Termodinámica e Cinética Electroquímicas, que se celebrou en Viena do 28 de setembro ao 5 de outubro.[6]

Á paixón pola investigación xuntábase a paixón pola docencia, á que dedicou tamén gran parte da súa vida.[6] Non conseguiu integrarse na estrutura universitaria, a pesar dos seus méritos e traballou coma docente nun instituto de bacharelato en Barcelona, e en Madrid onde dirixiu o instituto feminino de Ensino Medio Beatriz Galindo.[7]

  1. Arnal Yarza, Jenara Vicenta JAE educa. Diccionario de profesores de instituto vinculados a la JAE (1907-1936) Arquivado 24 de setembro de 2021 en Wayback Machine. Consulta 6 de decembro de 2016
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Jenara Vicenta Arnal Yarza: una científica y catedrática pionera en España. Natividad Araque Hontangas. Faísca, 2008, Vol. 13 n°15, 27 – 49 FAISCA. Revista de Altas Capacidades Consulta 6 de decembro de 2016
  3. Valdés, Juan Núñez (2019-03-06). "Una semblanza de las primeras mujeres españolas pioneras en el área científico-técnica". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) (3): 34–44. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2019.11142. 
  4. 4,0 4,1 4,2 La labor de las primeras directoras de los Institutos de Enseñanza Media de Madrid: Beatriz Galindo y Emperatriz María de Austria Natividad Araque Hontangas Nuria Villa Fernández Universidad Complutense de Madrid. CEE Participación Educativa, número extraordinario, 2011, pp. 225-239. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Gobierno de España Consulta 6 de decembro de 2016
  5. Las mujeres en la pedagogía franquista: aproximación a la presencia femenina en el Instituto San José de Calasanz del CSIC. Yasmina Álvarez González. Departamento de Historia y Filosofía de la Ciencia, la Educación y el Lenguaje. Universidad de La Laguna.
  6. 6,0 6,1 6,2 Las mujeres pioneras en la docencia y dirección en centros de educación secundaria en España y su vinculación con la Junta de Ampliación de Estudios y el Consejo Superior de Investigaciones Científicas en el siglo XX. Natividad Araque Hontangas. Profesora de la Universidad de Castilla La Mancha. I + G 2014. Aportaciones a la Investigación sobre Mujeres y Género Depósito de Investigación Universidad de Sevilla Arquivado 11 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. Consultado o 6 de decembro de 2016
  7. Suay-Matallana, Ignacio (2021-06-15). "Mujeres en los laboratorios: la contribución de las químicas a la construcción de la tabla periódica". Anales de Química de la RSEQ (en castelán) 117 (2): 122–122. ISSN 1575-3417. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]