Jenifer Casal Vidal
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1996 Pontevedra |
País de nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piragüista ![]() |
Deporte | Piragüismo |
Membro do equipo deportivo | Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra |
Jenifer Casal Vidal, nada en Pontevedra o 6 de setembro de 1996, é unha deportista galega que compite en piragüismo na modalidade de maratón. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2017 na categoría de C1.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa primeira participación internacional foi en 2014 no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, onde chegou á final e quedou novena no C2 500 metros, con Raquel Rodríguez como compañeira.[2] No Europeo de 2015, celebrado en Račice (República Checa) finalizou quinta no C2 500.[3]
En 2017, foi campioa de Galicia de C1 5000 metros[4] e de España no C1 en maratón.[5][6] Ademais logrou en Ponte de Lima a medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón en C1[7]
En 2018, finalizou oitava no Europeo de maratón en Croacia[8] e sexta no Mundial en Montemor-o-Velho, ambas ocasións en C1.[9] En 2019 gañou o ouro na Copa de España de Piragüismo Maratón,[10] mentres que finalizou sexta no Europeo en Francia[11] e quinta no Mundial da China.[12]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Europeo | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2017 | Ponte de Lima (![]() |
![]() |
C1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenifer Casal Vidal en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ "Resultados Moscova 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Racice 2015" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ "DIEGO ROMERO, TANIA FERNÁNDEZ, JENIFER CASAL Y EMILIO LLAMEDO VENCEN EN LA CATEGORÍA SENIOR DEL CAMPEONATO AUTONÓMICO" (en castelán). 5 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ "El maratón español tiene acento gallego" (en castelán). 21 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2019.
- ↑ "Os únicos ouros galegos da Copa España de Piragüismo Maratón son de Jenifer Casal e Tono Campos". Pontevedra Viva. 22 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Ponte de Lima 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Metković 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Montemor 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "Aplastante dominio de la canoa arousana en el Gallego de Invierno". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de marzo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Decize 2019". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jenifer Casal Vidal en CanoeResults.eu (en inglés).