Saltar ao contido

Jerónimo Bermúdez de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJerónimo Bermúdez de Castro
Biografía
Nacemento1530 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1599 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe American Cyclopædia Editar o valor en Wikidata
BUSC: bermudez-jeronimo

Jerónimo Bermúdez de Castro, nado en Ourense en 1530 e finado en Tui en 1599, foi un dramaturgo galego en lingua castelá, autor do Século de Ouro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De orixe nobre, viaxou pola Península Ibérica (residiu un tempo en Portugal), Francia e o norte de África. Ao seu regreso a España ingresou na Orde de San Domingos e foi catedrático de Teoloxía na Universidade de Salamanca.

Está considerado o primeiro autor de traxedias en lingua castelá. Presentou temas senequistas en lugar de temas clásicos. Os dramas de Séneca fixéronse moi coñecidos no reino de Castela trala tradución no século XIV por parte do dramaturgo Antonio Vilaragut.

En 1577 publicou co pseudónimo de Antonio Silva Nise lastimosa e Nise laureada. Están inspiradas no personaxe de Inés de Castro, aristócrata galega amante do rei Pedro I de Portugal e executada por razón de Estado en 1355. Este tema tamén foi tratado por dramaturgos como Luis Vélez de Guevara (Reinar después de morir), Aphra Behn, Madame de Genlis ou António Ferreira. A segunda peza é a máis orixinal, e nela aparece por vez primeira a coroación do cadáver de Inés. Está adicada, con data do 8 de maio de 1575, a Fernando Ruiz de Castro y Andrade, primoxénito do entón conde de Lemos.

Tamén escribió un poema en cinco cantos de oitavas reais que describía El viaje del gran duque de Alba, don Fernando Álvarez de Toledo, desde Italia a Flandes, se ben quedou inédito e actualmente está perdido. Ao parecer, este nobre foi o seu mecenas, pois escribiulle tamén unha loa póstuma en dísticos latinos chamado Hesperodia (1589), traducido despois en verso solto castelán co propio título de La Hesperoída, panegírico al grata duque de Alba ilustrado con prolixas glosas en que refiere algunhas noticias da súa propia vida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Eugenio de Ochoa editou en Tesoro del teatro español (París, 1838, tomo I) as dúas Nises, cuxa editio princeps é Primeras tragedias españolas, Nise lastimosa y Nise laureada, doña Inés de Casiro y Valladares, princesa de Portugal. Compuestas Por Antonio de Sylva, Madrid, por Francisco Sánchez, 1577.