Jesús Andrés López Calvo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1963 ![]() Pontedeume, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote ![]() |
![]() ![]() |
Xesús Andrés López Calvo, nado en Pontedeume o 25 de decembro de 1963, é un sacerdote da Diocese de Santiago de Compostela dende o 11 de marzo de 1989.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Estudou educación xeral básica no Colexio Público Couceiro Freijomil de Pontedeume (1969-1977) e estudos medios no Instituto Concepción Arenal de Ferrol (1977-1982).
Licenciouse en estudos eclesiásticos no Instituto Teolóxico Compostelán (1982-1988) e en Teoloxía (Especialidade Pastoral Xuvenil e Catequética) na Universidade Pontificia Salesiana de Roma o 28 de xuño de 1996). Recibiu o título de doutor en Teoloxía na mesma universidade o 26 de xuño de 1998 coa tese Análise do movemento catequético español (1930-1963).
Experiencia pastoral de docente
[editar | editar a fonte]- 1988-1993: Profesor e Formador do Seminario Menor Diocesano de Santiago de Compostela.
- 1997-2006: Director do Secretariado Diocesano de Catequese.
- 1998-2003: Secretario Xeral da Asociación Española de Catequetas.
- 1999-2003: Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán e do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas.
- 2003: Delegado Diocesano para a V Visita Apostólica do Papa a España.
- 2006-2007: Administrador Parroquial de San Cosme de Nogueirosa (Pontedeume); Santa María de Ombre (Pontedeume) e Santa Mariña de Taboada (Monfero).
- 2006-2007: Capelán da Residencia das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados de Pontedeume.
- 2007-2010: Párroco de San Xoán de Ortoño (Ames).
- 2010-2012: Administrador Parroquial de San Martiño de Dorneda (Oleiros).
- 2010-: Párroco de San Xián de Serantes e o seu anexo San Cosme de Maianca (Oleiros)
- 2011- 2019: Arcipreste de Cerveiro.
- 2012-2016: Profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Educación (Departamento de Didácticas Específicas), na Universidade da Coruña.
- 2016: Administrador Parroquial de Santa María de Dexo (Oleiros).
- 2022: Administrador Parroquial de Santa Comba de Veigue (Sada).
- 2023: Docente invitado no Instituto Teolóxico Compostelán.
- 2023: Vicario Episcopal Territorial da Coruña.
Outras actividades
[editar | editar a fonte]López Calvo é membro do Consello de redacción da revista eumesa de estudos Cátedra, secretario da Sociedade Filatélica “Eume” e foi docente invitado nos cursos de formación permanente do profesorado no Centro de Formación e Recursos (CEFORE) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- La catequesis en Galicia durante el siglo XX; A Coruña 1.997, 219 p. ISBN 84-89652-47-3.
- El movimiento catequético español (1930-1962), =Collectanea Scientífica Compostellana 11, Santiago, Servicio de Publicaciones del Instituto Teológico Compostelano 2003, 303 p. ISBN 84-933023-0-9.
- El convento agustino de Pontedeume. Estudio histórico y Colección Documental, Pontedeume, Sociedad Filatélica, de Arte y Humanidades “Eume” 2.006, 237 p.
- A la luz del Maestro. Biografía del P. Reino S.J. (1911-1994),Santiago de Compostela, Compostellanum. Subsidia 5, 2021, 253 p. ISBN: 978-84-949817-9-1.
Libros e publicacións en colaboración
[editar | editar a fonte]- Unidade Didáctica. Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955), Publicacións da Sociedade Filatélica, de Arte e Humanidades “Eume”, Pontedeume 2004.
- C. Breixo Rodríguez- A. López Calvo- C. Macedo Cordal- B. Sáez Taboada, Pontedeume, Vila e ponte no camiño a Santiago, Pontedeume, Sociedade Filatélica “Eume” 2004, 142 pp.
- Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil, 2005, 21-41.
Artigos en libros e revistas de teoloxía
[editar | editar a fonte]- Curas xoves e realidade pastoral, en “Lumieira” ISSN 1696-9707, 11 (1996) 32, 269-277.
- ¿Cómo se fai un cristián? A pastoral da iniciación, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 36; 1997; Páxs. 299-309.
- La catequesis en la Galicia medieval: Martín Dumiense y el De correctione rusticorum, en “Estudios Mindonienses” ISSN 0213-4357; Nº 13; 1997; páxs.509-523.
- Un novo Directorio Xeral para a Catequese, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; 13 (1998) 38-39, 327-338.
- Educación na fe e formación moral en: “Lumieira” ISSN 1696-9707; 18 (2003) 52, 29-41.
- Pregón da Semana Santa de Betanzos, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 54-55; 2004; páxs. 145-152.
- Aos XXV anos da promulgación da Catechesi Tradendae, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; 20 (2005) 56, 147-151.
- Ambiente familiar e proposición do relixioso, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; (2011) 68-69, 113-124.
- Os catecismos e a identidade cristiá, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 70-71; 2012; páxs. 63-76.
- Matinacións sobre como iniciar na fe a rapaces e mozos, en “Encrucillada” ISSN 1131-6519; 37 (2013) 184, 5-18.
- Interioridade e vida espiritual: fundamentos e propostas para un proxecto educativo, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 74-75; 2014; páxs. 13-26.
- Integrar fe e vida nunha Igrexa en saída, en “Encrucillada” ISSN 1131-6519; nº 202; 2017; páxs. 5-21.
- Vinte cinco anos da “Fidei Depositum”: Unha retrospectiva sobre a xénese, recepción e uso pastoral do Catecismo da Igrexa Católica, en: “Lumieira” ISSN 1696-9707; 80-81 (2017) 73-93.
Artigos en libros, xornais e revistas de historiografía e divulgación
[editar | editar a fonte]- O Libro Rexistrador de propiedades do Concello no Fondo de Patrimonio do Arquivo Municipal. Uns apuntamentos sobre Pontedeume e o seu alfoz no século XVIII, en “Cátedra” ISSN 133-9608; 4 (1997) 43-119.
- Pontedeume e o pronunciamento contra o xeneral Espartero. Crónica local da revolta militar de xullo de 1843, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 5 (1998) 31-40.
- Peregrinacións, hospitalidade e pegadas xacobeas na comarca eumesa, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 6 (2000) 163-186.
- Restauracións e obras na igrexa parroquial de Santiago de Pontedeume durante o século XIX, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 7 (2000) 45-56.
- Achegas de Gumersindo Placer á poética galega, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 8 (2001) 7-16.
- Unhas imaxes morais en San Miguel de Breamo, en “Festas das Peras 2.001”, Pontedeume, Imprenta López Torre, 28-29.
- Das lámpadas ós farois. A evolución da iluminación pública en Pontedeume, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 9 (2002) 87-104.
- A estadía de Marín Sarmiento en Pontedeume, en “Festas das Peras 2002”, Pontedeume, Imprenta López Torre,
- O Arcebispo Rajoy e a Ilustración, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 10 (2003) 43-80.
- Fernando de Andrade e a súa participación nas batallas de Italia, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 11 (2004) 71-88.
- Preparándonos ó Centenario do pasamento de Couceiro Freijomil, en “Festas das Peras 2004”, Pontedeume 2004.
- Unhas pezas de baile, en “Programa das Festas do Espírito Santo en Ombre” (2005) 17.
- A hospitalidade para peregrinos no camiño a Santo Andrés de Teixido; en “Eume.Revista de Historia de Estudios Locales”; ISSN 1888-6183; Nº 2; 2009; páxs. 17-78.
- Antonio Couceiro Freijomil (1888-1950): na estela dos patriarcas das letras galegas, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 12 (2005) 27-79.
- Uns datos sobre o convento agostiño de Pontedeume, en “Cadernos do Ateneo Eumés” ISSN 1888-9018; Nº 3; 2005; páxs. 11-14.
- As escrituras de fundacións de obras pías como fontes para o estudio da historia social: o caso de Pontedeume, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 13 (2006) 47-78.
- O retablo maior da igrexa das Virtudes en Pontedeume: Funcións e programa iconográfico, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 14 (2007) 155-168.
- 37 anos de mostras filatélicas en Pontedeume, en “Festas das Peras 2007”, 7.
- O topónimo Ombre na provincia de A Coruña, en “Programa das Festas do Espírito Santo”, Ombre 2008.
- Algúns datos para a historia social contemporánea das parroquias de Nogueirosa e Ombre, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 15 (2008) 237-262.
- A terra de Cucaña, en “Programa das Festas das Peras 2008”, 59.
- Un clérigo, deputado nas Cortes de Cádiz de 1812, natural de Betanzos: Don Pedro Rivera e Pardo, en •”Anuario Brigantino” ISSN 1130-7625; Nº 32; 2009; páxs. 195-212.
- O comercio marítimo en Pontedeume nos séculos XVII e XVIII, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 18 (2011) 145-187.
- Cristianización e culturización da infancia no século XVIII: as escolas de primeiras letras fundadas en Pontedeume polo Arcebispo Rajoy, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; Nº 19; 2012; páxs. 77-95.
- Acceso á clerecía e formación eclesiástica na Galicia do século XVIII: As Constitucións do Seminario de Confesores fundado polo Arcebispo Rajoy, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 20 (2013) 159-199.
- Xoán Roa Dávila (1552-1630): Un Prior de Caaveiro no Século de Ouro español en “Cátedra” ISSN – 9608- 24 (207) 201-216.
- A economía vinícola na comarca eumesa segundo uns datos do século XIX, en “Cátedra” ISSN-9608- 25 (2018) 183-194.