Jesús Cano Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX España |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Doutor en Bioloxía |
Educación | Universidade de Granada Universidade de Málaga |
Q89547790 | Un dos descritores dos galotiinos, unha das dúas subfamilias de lacértidos |
Actividade | |
Ocupación | Profesor titular de Universidade |
Empregador | Universidade de Málaga |
Sitio web | jcano@uma.es |
Jesús Cano Pérez é un biólogo español especializado en xenética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Granada en 1977 e doutorouse pola Universidade de Málaga en 1981.[1]
A súa formación docente e científica comezou nos seus anos de doutoramento co aprendizaxe de técnicas de obtención e cuantificación de ADN celular no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid e no Instituto de Biología Celular do CSIC. Colaborou activamente con equipos científicos e docentes doutras Universidades nacionais e estranxeiras.[1]
Actividade profesional
[editar | editar a fonte]Desde 1977 foi investigador e docente na Universidade de Málaga e, desde 1984, é Profesor titular de Xenética desta Universidade.[1]
Da súa actividade investigadora obtivéronse resultados publicados en revistas da especialidade, dirixiu teses de Licenciatura e Doutoramento e presntou relatorios en varios Congresos nacionais e internacionais. Realizou labores de supervisión e asesoramento no Ministerio de Medio Ambiente de España como membro asesor do Comité Científico de Parques Nacionais, durante os anos 2001-2004.[1]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Cano emprégase para recoñecer a Jesús Cano Pérez como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Jesús Cano Pérez UDM. Departamento de Biología Celular, Genética y Fisiología.