Jesús Fernández González (bispo)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1955 (69 anos) provincia de León, España |
Bispo de Astorga | |
8 de xuño de 2020 – ← Juan Antonio Menéndez Fernández Diocese: Diocese de Astorga | |
Bispo titular | |
10 de decembro de 2013 – Diocese: Rotdon (en) | |
Bispo auxiliar | |
10 de decembro de 2013 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2014–), sacerdote católico (1980–) |
Membro de | |
Consagración | Julián Barrio |
Jesús Fernández González, nado en Selga de Ordás (León) en 1955, é un crego católico, na actualidade bispo de Astorga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na capital provincial de León para crego, ata que foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1980. Proseguiu os estudos e licenciouse, e posteriormente doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca.
Como sacerdote, estivo de crego nas parroquias de Senra e de Lazado, no concello de Murias de Paredes, e despois en Villaquilambre, ata que en 1987 foi designado reitor do seminario menor de León, ata 1990. Despois do seu paso por Salamanca regresou ao seminario como docente, e como crego á parroquia de Valsemana, no concello de Cuadros. En 2003 foi nomeado vigairo episcopal da diocese de León e en 2010 vigairo xeral da mesma.
En 2013 o papa Francisco noméao bispo auxiliar de Santiago de Compostela, baixo a figura de bispo de Rotdon.
En xullo de 2020 o papa Francisco noméao bispo de Astorga