Jesús López Castiñeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 Lugo, España |
Morte | 10 de setembro de 1964 (73/74 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, dramaturgo |
Pseudónimo literario | El Terrible López Santón de la Puntilla |
Familia | |
Fillos | Josefina López de Serantes, Águeda de Vianney |
Jesús López Castiñeira, nado en Lugo en 1890 e finado na Coruña o 10 de setembro de 1964,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou na fundición de Julio Wonenburger e despois na Sociedad Española de Construcciones Metálicas. Emigrou aos Estados Unidos, e en Nova York traballou na Mapos Central Sugar Co., empresa coa que estivo destinado un tempo en Cuba. Foi secretario do Centro Andaluz de Nova York, onde exerceu tamén de animador cultural e participou como actor en diversas representacións.
Como xornalista colaborou na revista semanal barcelonesa La Tribuna, cos pseudónimos de El Terrible López e Santón de la Puntilla. Escribiu unha obra teatral, o xoguete cómico Misticismo y Flamenquismo (1919) e os artigos “Brujerías” (1913), “El Gobernador de la Tierra” (1914), “El Paraíso Perdido” (1915) e “Los náufragos del Potomac” (1915), así como os poemas “La Niña de los ojos de color del cielo” (poemita, 1914), “A S.M. Julia I” (1914) e a canción“¡Se la llevaron!” (1916).
Entrou en bancarrota, e logrou regresar a Galicia, onde casou coa súa moza Josefina González Canosa. Foi pai das escritoras Josefina López de Serantes e María Teresa López González, que asinaba co pseudónimo de Águeda de Vianney. Tivo outra filla chamada Carmen, morta con sete meses.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 14-9-1964, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Reconstruyen la saga literaria iniciada por El Terrible López", artigo de Jaureguizar en El Progreso de Lugo, 6 de maio de 2015 (en castelán).