Jesús López de Rego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 1972 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Jesús López de Rego Labarta, nado en Santiago de Compostela en decembro de 1876 e finado na mesma cidade en 1972, foi un arquitecto galego, autor entre outros edificios do Pazo do Espiño.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e3/Rua_da_Acibecheria-numero_8-10.jpg/220px-Rua_da_Acibecheria-numero_8-10.jpg)
Trasladouse a Madrid no ano 1883. Alí estudou a carreira de Arquitectura e traballou durante tres anos, mais en 1905 obtivo unha praza como profesor de Mecánica e Construción Xeral na Escola de Artes e Industrias de Santiago, da que en setembro de 1909 foi nomeado Secretario. De 1912 a 1914 ocupou interinamente a praza de arquitecto municipal, e en 1918 foi nomeado arquitecto diocesán.
Foi vicepresidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. A finais dos anos 1920 deixou practicamente o exercicio profesional, para dedicarse ao seu labor docente e de empresario en Automóbiles Santiagueses.