Jesús Lavandeira Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1906 ![]() Vilariño, España ![]() |
Morte | 5 de xaneiro de 1991 ![]() Betanzos, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, xardineiro ![]() |
Membro de | |
![]() |
Jesús Lavandeira Pérez, coñecido como Ladrillo, nado en Vilariño (Vilasantar) o 6 de abril de 1906 e finado en Betanzos o 5 de xaneiro de 1991, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A principios da República instalouse en Betanzos e traballou como xardineiro municipal. Militante da CNT e do grupo Plantas Nuevas da FAI, en 1936 era secretario da CNT de Betanzos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e integrouse no Grupo Neira. Non quixo integrarse no Exército Guerrilleiro de Galicia polo control do PCE. Foi detido en agosto de 1945 en Porzomillos. Xulgado por rebelión militar en consello de guerra na Coruña o 19 de setembro de 1946, foi condenado a vinte anos de prision. Estivo internado no penal do Dueso, do que saíu en liberdade provisional en 1953.[1] Finou en Betanzos o 5 de xaneiro de 1991.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Julia Louriño García, e foi pai de tres fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 13-1-1954, p. 206.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-1-1991, p. 62.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. ISBN 84-87783-79-1.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 272–276. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.