Saltar ao contido

Jesús Núñez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Núñez Fernández
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 2023 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Escola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escultor, gravador Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1026629 BUSC: nunez-fernandez-jesus-1927


Jesús Núñez Fernández, nado en Betanzos o 6 de novembro de 1927 e finado ibídem o 6 de outubro de 2023, foi un pintor, escultor e gravador galego.

Biografía

[editar | editar a fonte]
Casa Núñez.

Procedente dunha familia de empresarios brigantinos, Jesús Núñez estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando e na Escola Nacional de Artes Gráficas, en Madrid, ampliando estudos en Berlín e París. En 1954 celebrou a súa primeira exposición individual na Coruña, e en 1962 participou nas bienais de Venecia e Toquio.

Obtivo o seu maior galardón como gravador en 1963, ao recibir o gran premio de gravado no II Certame Nacional de Artes Plásticas, celebrado en Madrid. Entre as súas distincións tamén se encontran o segundo premio internacional de deseño téxtil na bienal de Artes Aplicadas de Punta del Este (1967), e o primeiro premio de arte en estampación da Exposición Nacional de Arte Contemporánea de Madrid (1970).

A súa obra abarca practicamente todas as técnicas do gravado, así como a pintura, escultura, deseño téxtil e de xoias, e mesmo o deseño de mobiliario, encontrándose representado nos principais museos estatais de arte contemporánea.

O seu maior empeño foi a creación do Centro Internacional da Estampa Contemporánea en Betanzos, a raíz dun curso de veráno de gravado impartido en 1985 no marco da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

En abril de 2014 foi nomeado fillo predilecto da súa cidade natal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]