Jesús Otero Calvo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1950 (74 anos) Podente, España |
Alcalde de Monterroso | |
2015 – outubro de 2016 (inhabilitación para cargos públicos) ← Antonio Gato Soengas | |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Jesús Otero Calvo, nado en Podente (Monterroso) o 20 de agosto de 1950, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor de secundaria en Sarria, Mondoñedo, Monterroso e Lugo, e director dos institutos San Rosendo de Mondoñedo, de Monterroso e do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
Militante do PSdeG-PSOE, nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista en Monterroso e foi elixido concelleiro e portavoz do grupo na oposición, onde se mantivo ata 1987. Volvería á primeira liña política en 1991 encabezando novamente a candidatura do PSdeG en Monterroso, logrando mellorar ata os 5 edís, se ben o PPdeG revalidou a alcaldía por un concelleiro. Volveu selo candidato socialista en 1995 mais tampouco logrou a alcaldía, polo que permaneceu como portavoz municipal ata a fin dese mandato.
Trala vitoria do PSOE nas Eleccións Xerais de 2004 foi nomeado Subdelegado do Goberno en Lugo. Permaneceu no cargo ata que en marzo de 2009 presentou a súa dimisión pola trama das multas na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo[1]. En xullo de 2010 tamén foi imputado na Operación Carioca[2], do que saíu absolto en decembro de 2019.[3] Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura INTA (Independentes Terras do Asma) en Monterroso formada con outras dez persoas que integraran antes candidaturas do PSdeG e do BNG[4] e foi elixido alcalde ao obter a maioría absoluta. Finalmente, en xullo de 2015 foi condenado pola Audiencia de Lugo por tráfico de influencias en canto á trama das multas[5]. Tras confirmar o Tribunal Supremo a condena, en outubro de 2016 asinou o seu cesamento como alcalde para cumpri-la condena de inhabilitación[6]. Unha vez cumprida a condena, en novembro de 2017 regresou ao concello como asesor do goberno local da súa candidatura[7]. Permaneceu como asesor ata as municipais de 2019, cando decidiu non concorrer novamente co seu grupo ós comicios[8].
Predecesor: Antonio Gato Soengas |
Alcalde de Monterroso 2015 - 2016 |
Sucesor: Miguel Rico Gómez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La trama de las multas hace dimitir al subdelegado del Gobierno en Lugo
- ↑ "El ex subdelegado del Gobierno de Lugo aparece en las grabaciones telefónicas". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2023. Consultado o 17 de decembro de 2023.
- ↑ Otero: "Estiven imputado dez anos por algo que non se sostén"
- ↑ Jesús Otero encabezará a lista de Independentes de Monterroso El Progreso, 19/04/2015,
- ↑ Condenan a Jesús Otero y a Julio González por el caso de retirada de multas NoticiasGalicia, 11/07/2015 (en castelán).
- ↑ El alcalde de Monterroso deja el cargo para cumplir una condena de un año de inhabilitación Arquivado 06 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. Faro de Vigo, 05/11/2016 (en castelán).
- ↑ Jesús Otero regresa al Concello de Monterroso tras el año de inhabilitación
- ↑ El alcalde de Monterroso renuncia a presentarse a las elecciones