Jesús Posse
Biografía | |
---|---|
Morte | 14 de maio de 1938 Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | tuberculose |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Jesús Posse García, finado en Santiago de Compostela o 14 de maio de 1938[1], foi un sindicalista e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anarquista. Foi redactor de La Defensa, participou no artellamento da Federación Local de Sociedades Obreras e foi director de Lucha Social, onde tamén escribía poemas rebeldes que asinaba co pseudónimo Esop. Militou no grupo anarquista Aurora Libertaria. Participou na fundación do grupo teatral Brisas Futuras (1916) co que representou obras de contido obreiro e O Fidalgo de Jesús San Luís Romero, integrouse despois no cadro teatral A Terriña co que representou en 1919 o monólogo O quinteiro, tamén de Jesús San Luís Romero. Escribiu con Juan López Gacio un apropósito titulado Momo o el sueño de un fumador, que se estreou o mércores de cinza de 1920.[2] Entrou a traballar como porteiro na Universidade en xullo de 1931. Foi secretario do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega e colaborou no seu periódico Galicia Federal. En 1935 recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria como loitador organizada polo semanario Ser no que interviñeron Ramón Suárez Picallo, Arturo Cuadrado e José Pasín Romero. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendido no traballo da Universidade. Finou de tuberculose en 1938.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-5-1938, p. 9.
- ↑ Noticia en El Compostelano, 13-2-1920, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 199–200. ISBN 84-87783-79-1.
- Pereira, Dionisio (2012). Fundación 10 de Marzo, ed. José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela. Santiago de Compostela. pp. 210–211. ISBN 978-84-939921-0-1.