Jesús Souto Vilas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1898 Campo, España |
Morte | 1 de novembro de 1977 (79 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Arzúa | |
1936 – 1936 ← Juan Manuel Vidal García | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Irmáns | Manuel Souto Vilas José Souto Vilas |
Jesús Souto Vilas, nado en Campo (Arzúa) o 6 de maio de 1898[1] e finado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1977, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Souto Eirín e Generosa Vilas Filloy. Licenciado en Filosofía e letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (Arzúa) en 1934.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil de Arzúa en agosto, tomando posesión o 10 de setembro. Foi destituído polo gobernador civil en outubro de 1936.[3] En 1938 publicou o folleto Hacia una solución hispánica de los problemas sociales la actual organización económica no responde a las necesidades de nuestro tiempo: GENS, esbozo de unas bases para la constitución de las Grandes Empresas Nacional-Sindicalistas.[4] Colaborou en El Compostelano. En 1963 trasladouse á escola de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1977.[5]
Predecesor: Juan Manuel Vidal García |
Alcalde de Arzúa 1936 |
Sucesor: Francisco Trillo Castiñeiras |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santiago de Compostela con Antonia Souto Sáinz en 1927,[6] e foi pai de Jesús Antonio, Ana María, Alfonso, Beatriz, Purificación, María Berta, María Luisa, José Lino, María del Carmen, María de los Ángeles, Francisco e Nina Souto Souto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 58.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-6-1934, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 9-10-1936, p. 4.
- ↑ El Compostelano, 26-3-1938, p. 1.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1977, p. 17.
- ↑ La Voz de Galicia, 15-12-1927, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2007). "Unha nova ollada á represión franquista en Galicia: Motivacións e extracción social dos represores. O caso de Arzúa" (PDF). Semata 19: 221–239. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016.