Saltar ao contido

Jesús Vázquez Alcalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Vázquez Alcalde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Mérida, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata

UEFA: 250124373 Editar o valor en Wikidata

Jesús Vázquez Alcalde, nado en Mérida o 2 de xaneiro de 2003, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Valencia, da Primeira División. É fillo do exfutbolista Braulio Vázquez, que xogou entre outros no Deportivo da Coruña e no Mérida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do futbolista galego Braulio Vázquez e da estremeña Ana Alcalde, naceu en Mérida o 2 de xaneiro de 2003, época na que seu pai militaba na UD Mérida.[1] Cando este pasou a traballar no Valencia, a familia instalouse na cidade levantina e Jesús ingresou na canteira do club.[1] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do Valencia e o 1 de novembro de 2020 debutou co Mestalla na Segunda División B, nun derbi ante o Hércules.[2]

O 16 de decembro de 2020 disputou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, nunha vitoria por 2-4 ante o Terrassa na Copa do Rei.[3] A súa estrea na Primeira División produciuse na terceira xornada da tempada 2021/22, substituíndo a Denis Cheryshev nos instantes finais dunha vitoria por 3-0 sobre o Deportivo Alavés.[4]

  1. 1,0 1,1 "Jesús Vázquez: lo tiraron del primer entrenamiento en la Academia" (en castelán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  2. "El Mestalla sufre pero aguanta con uno menos ante el Hércules (0-0)" (en castelán). 1 de novembro de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  3. "Jesús Vázquez, después de toda la vida en la Academia, debuta con el primer equipo" (en castelán). 17 de decembro de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2024. 
  4. "El Valencia se lo pasa en grande" (en castelán). 28 de agosto de 2021. Consultado o 20 de outubro de 2024.