Jesús Varela Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1940 Cuíña, España |
Morte | 26 de decembro de 2020 (80 anos) Ortigueira, España |
Alcalde de Ortigueira | |
12 de decembro de 1985 – 1999 ← José Antonio Franco Cerdeira – Antonio Campo Fernández → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Jesús Varela Martínez, nado en Cuíña (Ortigueira) o 14 de maio de 1940 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2020, foi un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro de Ortigueira da Candidatura Independiente Ortegana encabezada por José Antonio Franco Cerdeira nas eleccións municipais de 1983, foi primeiro tenente de alcalde. Logo da dimisión de José Antonio Franco, foi elixido alcalde de Ortigueira o 12 de decembro en 1985.[1] Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu repetir a maioría absoluta nas municipais de 1995. Finou en Ortigueira o 26 de decembro de 2020.[2][3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Sansegundo Rodríguez e foi pai de Guillermo, Jesús e Carlos Varela Sansegundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 15-12-1985, p. 37.
- ↑ Falleció Jesús Varela Martínez, ex alcalde de Ortigueira
- ↑ La Voz de Galicia, 26-12-2020, p. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Varela Martínez, Jesús". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Antonio Franco Cerdeira |
Alcalde de Ortigueira 1985 - 1999 |
Sucesor: Antonio Campo Fernández |