Jesús Verdeal Maseda
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Mondoñedo, España |
Morte | 16 de abril de 1937 (37/38 anos) castelo de San Filipe, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Jesús Verdeal Maseda, nado en Mondoñedo en 1899 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño do Barqueiro. Membro do Sindicato da Industria Pesqueira do Barqueiro da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar o 15 de marzo de 1937, foi condenado a pena de morte.[1] Foi executado no castelo de San Filipe de Ferrol con Jesús Castaño Galdo, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández, José Rivera Vieiro e Manuel Ventosinos Pereira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 16-3-1937, p. 2.