Saltar ao contido

Jesús Vieiro Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Vieiro Gómez
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, latoeiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9659

Jesús Vieiro Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1902, foi un latoeiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Latoeiro que desenvolveu a súa actividade no Sindicato Metalúrgico de Santiago. Aliñado no sector moderado do obreirismo compostelán, estaba vinculado ao Partido Sindicalista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular e foi detido nos primeiros días. Puxérono en liberdade o 28 de agosto por erro. Agochouse baixo unha corte onde estivo, atendido polos correlixionarios, até 1945. Volveu á actividade cara 1946, como vogal da Federación Local de Santiago na Clandestinidade. Detido en 1947, foi xulgado por actividades subversivas e condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena no cárcere da Parda, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Pastora Domínguez Costa en decembro de 1945.[2]

  1. BOE, 5-3-1950, p. 1033.
  2. El Correo Gallego, 15-12-1945, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]