Ji Yun-nam
Ji | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ji Yun-nam | ||
Nacemento | 20 de novembro de 1976 | ||
Lugar de nacemento | Pyongyang | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Lateral, centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2016 | 25 de Abril | 231 | (18) |
Selección nacional | |||
2004–2011 | Corea do Norte | 32 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ji Yun-Nam (en coreano: 지윤남), nado en Pyongyang o 20 de novembro de 1976) é un ex-futbolista norcoreano. Xogaba de mediocentro defensivo ou lateral esquerdo e militou no 25 de Abril da liga de Corea do Norte. Foi internacional coa selección norcoreana, coa que disputou o Mundial de 2010 en Suráfrica.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección da República Democrática Popular de Corea en 32 ocasións, 8 delas en partidos de clasificación para a Copa Mundial da FIFA. Aínda que estaba acostumado a xogar de mediocentro defensivo, coa selección ocupou o posto de lateral esquerdo.
Representou ao seu país no Mundial de 2010, en Suráfrica, marcando o único gol do seu equipo no campionato. Foi o 15 de xuño de 2010, na derrota da primeira xornada contra a selección brasileira, batendo ao gardameta Júlio César nos minutos finais do partido (2-1).[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Brasil - Corea do Norte 2010". FIFA (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en National-Football-Teams.com (en inglés).