Saltar ao contido

Jilin Northeast Tigers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jilin Northeast Tigers
Información xeral
Nome Jilin Tonggang Northeast Tigers
吉林通钢东北虎
Liga CBA (Norte)
Fundación 1956
Cores                Vermello, ouro, branco
Presidente República Popular da China Kenneth Huang
Adestrador España Juan Antonio Orenga
Localización
Cidade República Popular da China Changchun, China
Pavillón Pavillón de Changchun
Capacidade 4.299
Inauguración 1957
cba.hupu.com/teams/jilin

Os Jilin Tonggang Northeast Tigers (chinés: 吉林通钢东北虎), tamén coñecidos como Jilin Tonggang ou Jilin Northeast Tigers, son un equipo profesional de baloncesto chinés con sede na cidade de Changchun (Jilin). Os Northeast Tigers compiten na Division Norte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés. O equipo xoga os seus partidos como local no Pavillón de Changchun, recinto con capacidade para 4.299 espectadores. O patrocinador do club é o Grupo Tonggang, mentres que a súa mascota é o tigre siberiano.

Os Jilin Tonggang Northeast Tigers foron fundados en 1956. A súa época de maior éxito foron as décadas de 1970 e 1980. En 1984 gañaron o Torneo Nacional de Baloncesto Masculino, acabando na terceira posición nos Xogos Nacionais da China en 1987. No verán de 1998 participou en la CBL, a segunda división chinesa, acabando na terceira posición, vendo frustradas as súas aspiracións de ascenso á Chinese Basketball Association (CBA), mais a renuncia do equipo da Armada chinesa á súa praza fixo que o Jilin se fixese coa mesma.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]