Jimmy Giménez-Arnau
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Joaquín José Víctor Bernardo Giménez-Arnau Puente ![]() 14 de setembro de 1943 ![]() Brasil ![]() |
Morte | 17 de setembro de 2024 ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito (–1975) University of Navarra School of Law (en) ![]() Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, Tertuliano radiotelevisivo, xornalista, xurista ![]() |
Período de actividade | 1977 ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | Jimmy Giménez-Arnau Jimmy Corso ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | María del Mar Martínez-Bordiú y Franco (1977–1982), divorcio ![]() |
Pai | José Antonio Giménez-Arnau ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Joaquín José Víctor Bernardo Giménez-Arnau Puente, popularmente coñecido como Jimmy Giménez-Arnau, nado no Brasil o 1 de setembro de 1944 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2024, foi un novelista, poeta e xornalista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do diplomático e escritor José Antonio Giménez-Arnau Gran, Jimmy Giménez-Arnau naceu a bordo do transatlántico español Cabo de Hornos mentres navegaba por augas brasileiras. Licenciouse en dereito e diplomouse en xornalismo. Durante a súa mocidade practicou a nivel afeccionado fútbol e boxeo e, entre outras actividades, foi vendedor (ou marchand) de obras de arte.
Como xornalista, foi correspondente de guerra e cofundador da revista Hermano Lobo,[1] onde escribía baixo o seudónimo de «Jimmy Corso».[2]. En 1980 escribiu e dirixiu xunto a Julio Wizuete, Cocaína, unha película na que ademais tivo unha participación como actor. En 1983 creou a televisión clandestina «Onda Blúmini».[3].
Como escritor, empezou facendo poesía e publicou Cuya selva e La soledad distinta. En 1977 escribiu a súa primeira novela, Las islas transparentes, coa que quedou finalista do Premio Nadal.[4] Outras obras súas son: Yo, Jimmy. Mi vida entre los Franco, Neón en vena. Enfermos en el paraíso, Los insatisfechos (a súa segunda novela), Las malas compañías. Hipótesis íntimas sobre la muerte de los marqueses de Urquijo, Como forrarse y flipar con la gente guapa, Camaleones y lagartas, Zelos (a súa terceira novela) e España me pone.
Personaxe popular
[editar | editar a fonte]Debido ao seu matrimonio en 1977 con María del Mar «Merry» Martínez Bordiú, neta do ditador Francisco Franco, con quen tivo unha filla, Leticia, Jimmy Giménez Arnau converteuse nun personaxe popular. Uniuse dez anos despois cunha modelo. O seu anterior matrimonio disolveuse cunha sentenza do Tribunal da Rota o 28 de abril de 1993. Este feito colocouno inmediatamente no punto de mira da prensa do corazón, coa que desde entón vén colaborando e realizando polémicas aparicións. Esta relación viuse especialmente fomentada e explotada a raíz do auxe en España da televisión especializada na vida privada dos famosos. Giménez-Arnau non tivo problemas en expoñer a súa vida fronte aos medios, aproveitándose da súa condición de exparente dos Franco para criticar a familia.
Nos últimos anos, mercé á súa controvertida personalidade e o seu carácter polémico, pasou a formar parte indiscutible do que se deu en chamar, con maior ou menor acerto crítico, como telelixo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Mundo, 30 de xuño de 1994
- ↑ Hermano Lobo (1972-1976) Arquivado 24 de outubro de 2007 en Wayback Machine. "La Ciberniz. Páxina web da Academia de Humor"
- ↑ La televisión clandestina Onda Blúmini inauguró sus emisiones desde Mallorca, El País, 16 de xullo de 1983
- ↑ El Mundo, 3 de xullo de 1994
- ↑ El «gentleman» de la telebasura, El Mundo, 14 de novembro de 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Los placeres y los días: Jimmy Giménez-Arnau" Columna de Francisco Limiar dedicada a Jimmy Giménez-Arnau, El Mundo, 1 de xullo de 1994 (en castelán).