Jingle Bells
Jingle Bells, orixinalmente coñecida como One Horse Open Sleigh, é unha das máis comúns e coñecidas cancións de Nadal do mundo. Escribiuna e compúxoa James Lord Pierpont (1822–1893) e publicouse como One Horse Open Sleigh o 16 de setembro de 1857 como unha canción para o Día de Acción de Grazas e que máis tarde pasou a se identificar como unha canción de Nadal. A canción retrata as experiencias do eu lírico ó andar pola neve nunha zorra poxada a cabalo.
Letra
[editar | editar a fonte]Orixinal | Tradución |
---|---|
Dashing through the snow Retrouso A day or two ago Retrouso A day or two ago Retrouso Now the ground is white Retrouso |
Deslizando pola neve Retrouso Un día ou dous atrás Retrouso Un día ou dous atrás Retrouso Agora o chan está branco Retrouso |
No espazo
[editar | editar a fonte]Jingle Bells foi a primeira canción tocada no Espazo. No día 16 de decembro de 1965 a tripulación do Gemini 6A decidiu entrar no espírito de Nadal e tocar esta clásica canción durante a súa viaxe ao Espazo. “Jingle Bells” entrou así para a lista dos recordes como a primeira canción a ser tocada neste local tan remoto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Literalmente: unha zorra sen cobertura conducida por apenas un cabalo.
- ↑ Era unha práctica común á época acurtar as colas dos cabalos e enfeitalas con campás. Como unha zorra cun cabalo na neve é moi silenciosa, a campá servía para evitar colisións con outros peóns.
- ↑ Dous corenta ("two forty") refirese a unha milla a dous minutos e corenta segundos no trote, ou 22,5 millas por hora (aproximadamente 36,2 quilómetros por hora). Esta é unha boa velocidade e suxere que o cabalo teña sido da raza Standardbred, coñecida por súas habilidades en carreira.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jingle Bells |
- Jingle Bells Arranxo para guitarra clásica.