João Fonseca
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1948 (76 anos) Matosinhos, Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
João Francisco Fonseca dos Santos, nado en Matosinhos o 19 de febreiro de 1948, é un exfutbolista portugués que xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como porteiro de fútbol na canteira do Leixões, debutando co primeiro equipo na Primeira Liga na tempada 1967/68. Na seguinte campaña estreouse en competición europea, nun partido da Copa de Feiras contra o Argeș Pitești romanés no estadio das Antas.[1]
En 1969 fichou polo Benfica, onde apenas dispuxo de minutos, sendo o gardameta titular naquela época José Henrique. Formou parte do equipo que gañou dúas ligas consecutivas nas tempadas 1970/71 e 1971/72, así como dúas Copas de Portugal. Na tempada 1972/73 regresou ao Leixões, cedido polo Benfica, e alí recuperou a titularidade.
Entre 1973 e 1975 xogou cedido no Ourense, que militaba na Segunda División española.[2] Na súa primeira tempada en Galicia disputou 36 partidos e o equipo, adestrado primeiro por León Lasa e despois por Naya, logrou a permanencia ao rematar 12º. Con todo, na seguinte campaña acabou descendendo. Fonseca deixou o club ourensán con 71 partidos disputados e 79 goles encaixados.
Posteriormente xogou no Varzim, da Segunda División, co que logrou o ascenso a Primeira, antes de fichar en 1977 polo Porto. Militou seis anos neste club, gañando outras dúas ligas, pero desta vez xogando como titular. Na tempada 1983/84 xogou no Famalicão e pechou a súa carreira co Chaves, onde xogou ata 1988.
Selección portuguesa
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección portuguesa nunha ocasión, nun partido contra Dinamarca en 1976, correspondente á fase de clasificación para o Mundial de 1978.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Benfica
- Primeira Liga (2): 1970/71, 1971/72.
- Taça de Portugal (2): 1969/70, 1971/72.
Varzim
- Segunda División (1): 1975/76.
Porto
- Primeira Liga (2): 1977/78, 1978/79.
- Supercopa de Portugal (1): 1981.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Leixões SC - FC Arges Pitesti 1968". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "Fonseca, nuevo portero "rojillo"". El Pueblo Gallego (en castelán) (18188). 24 de agosto de 1973. p. 12. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "Portugal - Dinamarca 1976". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en eu-football.info (en inglés).
- Datos do xogador na Federación Portuguesa de Fútbol (en portugués).
- Nados en 1948
- Nados en Matosinhos
- Futbolistas de Portugal
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Leixões SC
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores do Varzim SC
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do FC Famalicão
- Xogadores do GD Chaves
- Xogadores da selección de fútbol de Portugal
- Adestradores de fútbol de Portugal
- Adestradores do GD Chaves