João Francisco Salm
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1952 (72 anos) São Pedro de Alcântara, Brasil (pt) |
Administrador apostólico | |
16 de xaneiro de 2015 – 29 de agosto de 2015 Diocese: Diocese de Blumenau (pt) | |
6º Bispo diocesano | |
26 de setembro de 2012 – ← Wilson Tadeu Jönck (pt) Diocese: Diocese de Tubarão (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2012–), sacerdote católico (1979–), diácono (1979–) |
Consagración | Wilson Tadeu Jönck (pt) |
João Francisco Salm, nado en São Pedro de Alcântara o 11 de outubro de 1952, é un bispo católico brasileiro, bispo diocesano de Tubarão.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Salm e Maria Ida Schmitt Salm. Con 12 anos, en 1965 ingresou no preseminario de Antônio Carlos, onde completou os seus estudos primarios. Entre 1967 a 1972 fixo estudos secundarios no seminario menor deBrusque. De 1975 a 1979 cursou teoloxía no Instituto Teolóxico de Santa Catarina en Florianópolis. O 13 de maio de 1979 foi ordenado diácono en Camboriú, e presbítero, o 30 de xuño, no Santuário de Azambuja en Brusque. De 1980 a 1983 foi profesor no Seminario Menor Metropolitano en Brusque e no ano seguinte tamén reitor do mesmo seminario, do santuario, rexente da coral e director do Museo Dom Joaquim. A partir de 1984 foi administrador parroquial de Santa Catarina en Brusque. Exerceu eses cargos ata o final de 1991. De 1992 a 2008 foi reitor do Seminario de Teoloxía. Foi xuíz do Tribunal Eclesiástico de Florianópolis de 1992 a 1996 e de 2006 a 2008 foi coordinador arquidiocesano de pastoral da arquidiocese. Entre 2009 e 2011 foi párroco de Santa Teresinha en Brusque. Foi en 2011 elixido administrador da arquidiocese de Florianópolis, ata a chegada do novo arcebispo, Wilson Tadeu Jönck. Bieito XVI nomeouno bispo da diocese de Tubarão o 26 de setembro de 2012.