Saltar ao contido

João Pereira Venâncio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoão Pereira Venâncio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Monte Redondo, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 1985 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Leiria, Portugal Editar o valor en Wikidata
Bispo de Leiria (pt) Traducir
13 de setembro de 1958 – 1 de xullo de 1972
← José Alves Correia da Silva (pt) TraducirAlberto Cosme do Amaral (pt) Traducir →
Titular bishop of Eurea in Epiro (en) Traducir
30 de setembro de 1954 –
Diocese: Euroea in Epiro (en) Traducir
Bispo auxiliar
30 de setembro de 1954 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1954–), sacerdote católico (1929–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónJosé Alves Correia da Silva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

João Pereira Venâncio, nado en Monte Redondo (Leiria, Portugal) o 8 de febreiro de 1904 e finado en Leiria o 2 de agosto de 1985, foi un relixioso católico latino portugués, bispo de Leiria de 1958 a 1972.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 21 de decembro de 1929, sendo incardinado na diocese de Leiria. O 30 de setembro de 1954 foi nomeado bispo auxiliar de Leiria e bispo titular de Euroea in Epiro. Recibiu a consagración episcopal o 8 de decembro de 1954 de mans do bispo diocesano José Alves Correia da Silva.

O 13 de setembro de 1958 foi nomeado bispo de Leiria. Exerceu dito cargo até o 1 de xullo de 1972. Na década dos anos 70 erixiu a Unión Sacerdotal da Obra dos Santos Anxos en Fátima. En 1979 emitiu votos solemnes na Orde dos Coéngos Regulares da Santa Cruz restaurada por Xoán Paulo II, e en novembro de 1980 foi nomeado prior xeral da orde. Finou en Leiria o 2 de agosto de 1985.