Joan Babot
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1918 Sant Joan Despí, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 16 de marzo de 1997 (78 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Joan Babot i Xaus, nado en Sant Joan Despí o 19 de setembro de 1918 e finado en Barcelona o 16 de marzo de 1997,[1] foi un futbolista español, que xogaba como defensa central.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Sant Joan, da súa localidade natal, Sant Joan Despí, antes de ingresar en 1932 na canteira do FC Barcelona. Xogou co primeiro equipo durante a Guerra Civil e foi un dos xogadores que realizou a xira por América do Norte en 1937, durante a cal disputou 14 partidos en México e nos Estados Unidos.[2] Ao remate da xira, foi un dos poucos futbolistas que regresou a Cataluña.[3] Durante estes anos gañou a Liga Mediterránea, a Liga Catalana e o Campionato de Cataluña. Na campaña 1941/42 xogou no AD Ferroviaria de Madrid, na Segunda División.
En 1942 volveu a Cataluña para xogar no Gimnàstic de Tarragona, onde en seis tempadas pasou de militar na cuarta categoría do fútbol español á Primeira División, chegando a ser capitán do equipo.[3][4] Na tempada 1947/48 debutou no Nàstic na máxima categoría, disputando un total de 25 partidos nos que marcou un gol.[5] En xaneiro de 1948 venceron ao Real Madrid no Novo Chamartín por 1-3, na que foi a primeira derrota do conxunto branco no seu novo estadio.
A continuación xogou no Real Valladolid durante un total de 3 tempadas, nas que disputou 77 partidos de Primeira.[3][5] En xuño de 1950 reforzou o Atlético de Madrid para a disputa da quinta edición do Trofeo Teresa Herrera, que o equipo madrileño perdeu ante a Lazio, e tamén para as semifinais da Copa Latina ante o Girondins de Bordeos, partido no que marcou un gol en propia meta.[6]
En 1951, con case 33 anos, fichou polo Espanyol, onde non dispuxo apenas de minutos, disputando só 3 partidos de liga, nos que marcou un gol.[3][5] Antes de rematar a tempada saíu cedido ao Sant Andreu, onde coincidiu con outros espanyolistas como Antoni Cruellas e David Casamitjana.[5] Retirouse definitivamente en 1953.[3][5][7]
En Sant Joan Despí dispútase un torneo de fútbol que leva o seu nome.[8]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Xogou un partido coa selección catalá en 1948.[9] En febreiro de 1951 foi convocado pola selección española pero non chegou a debutar.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Barcelona
- Liga Mediterránea (1): 1936/37.
- Campionato de Cataluña (1): 1937/38.
- Liga Catalana (1): 1937/38.
- Gimnástic
- Terceira División (1): 1944/45.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Closa, Toni; Pablo, Josep; Salas, José Alberto; Mas, Jordi (2015). Gran diccionari de jugadors del Barça (en catalán). Editorial Base. ISBN 978-84-16166-62-6.
- ↑ Poquí, Joan (19 de xullo de 2017). "12.900 dólares providenciales en tiempos de guerra". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Babot". colchonero.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "Los que bregan por el Gimnástico". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de marzo de 1946. p. 4. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Joan BABOT Xaus". periquito.cat (en catalán). Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "El torneo de la Copa Latina". El Progreso (en castelán) (13317). 8 de xuño de 1950. p. 4. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "Babot, el excelente defensa central, ha finalizado su compromiso con el Español". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de agosto de 1953. p. 4. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "Torneo de fútbol Joan Babot". sjdespi.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "En Las Corts". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de marzo de 1948. p. 4. Consultado o 6 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web oficial do FC Barcelona (en castelán).